Curso 2020/21

Curso 2020/21

Naturézate - Plan Proxecta

Esta semana o alumnado de 1º de ESO comezou a traballar no Plan Proxecta “Naturézate" da man das súas titoras Nuria Mariño, Iria  Penoucos e  Iria Trebolle. 

   Aprenderon que é a biodiversidade e os problemas que existen arredor dela. Ademais, saíron a investigar a biodiversidade do entorno do instituto e pasárono xenial  observando e aprendendo a variedade de plantas e insectos presentes no patio.

 

Os encargados da actividade crearon un blog onde subirán todas as actividades que realicen:

https://naturezatenoriocabe.blogspot.com/

 

Feliz Nadal

 Neste final, deste trimestre tan complicado, dende  o Equipo Directivo do IES Río Cabe queremos agradecer o esforzo feito pola comunidade educativa do IES Río Cabe para recoñecer e adaptarse a esta situación histórica de pandemia na que nos atopamos.

  En particular queremos agradecerlle: 

                 -Ó alumnado, polo cumprimento do protocolo covid-19 e polas aportacións realizadas para a súa mellora.

                 -Ás familias polo seu compromiso coa educación dos seus fillos e pola súa colaboración en todo aquelo que lles suxerimos.

                  -Ó persoal non docente, polo seu traballo imprescindible para o funcionamento no día a día do centro.

                  -Ó profesorado, pola colaboración diaria en prol da familia riocabense e polo traballo realizado para levar a cabo o protocolo covid-19.

 

 E por último, queremos desexarvos as mellores vacacións posibles e vémonos no mes de xaneiro!!!

 

Charla sobre Transexualidade

Os pasados xoves 17 e venres 18 de decembro tivemos , nas aulas de  4º de ESO do Río Cabe , una charla impartida por Xácia Ceive , primeira presidenta transexual  da asociación feminista  de Monforte de Lemos  Femforte.

Xácia falou da súa experiencia de vida, dende o seu nacemento no estado de Oklahoma, nos Estados Unidos, pasando por distintos países e continentes  e tendo como obxectivo a vida no rural galego, onde atopou o seu verdadeiro fogar e onde vive a vida que só ela elixiu e que lle permite ser quen ela é en realidade .

Conceptos como respecto, inclusión, igualdade, soaron  nas súas explicacións sobre o que é ser una persoa  transxénero, e sobre as dificultades e dúbidas que unha persoa pode atopar nun proceso de cambio, non sempre entendido e apoiado por quenes  a rodean.

Grazas, Xácia, polo teu testimonio  e xenerosidade para con nós.

 

A clave do éxito

   Onte luns, na conferencia que Álvaro Goyanes impartiu no  Río Cabe, o alumnado de  2º Bac aprendeu algunas nocións do que é imprescindible para acadar o éxito, neste caso do mundo empresarial. Álvaro contounos cómo foron os principios da súa empresa, FabRx ,  compañía adicada á impresión  3D de medicamentos personalizados e  punteira a nivel mundial.

   Falou do tesón,  perseverancia, sacrificio, dedicación e do moito traballo que se necesita para saír adiante.  Tamén de que o éxito non se acada ó momento, non é instantáneo, inclúe reveses, caídas e voltas a empezar. Animounos a vencer o que cremos (ou nos din),  imposible. Todo é imposible ata que se fai. Todo é parte da aprendizaxe. E do factor sorte, que é importante, pero a pesar de selo, non hai sorte sen traballo duro.

   Recalcou o importancia de viaxar, coñecer xente, respectar o diferente e aprender de todo o que nos rodea.

Lembramos con el o seu paso polo noso instituto e as experiencias inolvidables que viviu con amigos e compañeiros.

Unha charla moi enriquecedora e pola que queremos dar as grazas a Álvaro, esperando velo de novo en futuras ocasións.

 

 

Visita ó Parador de Monforte

    O ciclo de Turismo fixo,o pasado xoves,17 de decembro, unha visita ao Parador de Turismo de Monforte de Lemos coa intención de coñecer de cerca unha das ofertas aloxativas do territorio.

   Achegámonos ao Monte de San Vicente para visitar o que fora Mosteiro Benedictino de San Vicente e o Pazo dos Condes de Lemos. Na actualidade os dous forman parte do Parador de Turismo.

   Percorremos as instalacións dos dous edificios guiados pola directora do mesmo, Lilian Ferral, que se ocupou de darnos todo tipo de detalles da historia do emblemático aloxamento e tamén de facilitarnos información sobre níveis de ocupación e perfís de clientes.

 

Entrega de premios- Colaboración na biblioteca curso 19-20

    O luns 30 de novembro tivo lugar a entrega de premios aos colaboradores de Bibliocabe do ano  pasado , acto que non se puido celebrar no pasado curso por mor da  pandemia. O director do centro, Carlos Parada e a encargada da biblioteca, Flor Lemos, presidiron a entrega.

    Os alumnos  colaboradores da biblioteca do Colexio Novo do curso 19-20, hoxe alumnos nosos, recibiron tamén os seus respectivos premios de mans da súa antiga directora, María Núñez. A biblioteca do Cabe foi o escenario elixido para a entrega conxunta dos agasallos e diplomas.

    Queremos agradecer a todos eles o seu traballo ,motivación e entusiasmo, e animalos a continuar no labor un ano máis.

 Visita o blog de Bibliocabe para máis información sobre a actividade: 

http://bibliocabe.blogspot.com/2020/12/entrega-de-premios-bibliocabe-curso.html?m=1

 

 

Conferencia de Álvaro Goyanes

   Mañá luns 21 de decembro ás 11:45h,  temos a sorte de contar con  Álvaro Goyanes, ex.alumno do centro, que impartirá unha conferencia no Salón de Actos do Río Cabe para o alumnado de 2º de BAC.

   Licenciado en Farmacia, Álvaro é  Director de Desenrolo e Cofundador de FabRX, a primeira compañía adicada á impresión  3D de medicamentos personalizados, con sede en Londres. Tamén é Profesor Honorario na University College London- School of Pharmacy  (Reino Unido) e profesor a tempo parcial na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela. Ten publicados máis de 50 artigos e está incluído na lista dos investigadores máis influíntes do mundo de 2019 e de 2020 , elaborada por Web of Science.

   Goyanes é un recoñecido experto mundial en impresión 3D de medicamentos, con máis de 100 comunicacións en conferencias internacionais. Ten un doutoramento  en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou durante tres anos como Farmacéutico Adxunto en Currelos (O Saviñao), polo que ten coñecemento de primeira man das necesidades dos pacientes en términos de medicamentos en farmacia comunitaria.

 

25 de Novembro: "Que deixei de facer por ser muller?"

Esta foi a pregunta que se fixeron nas aulas de Valores Éticos durante esta semana e para lembrar o Día contra a Violencia de Xénero,  que o alumnado quixo contestar deixando as súas respostas en pósits para que poideran ser lidas na entrada ao centro. Respostas como "sair soas", "sair de noite", "vestir como me apeteza" , "que se me escoite, como a calquer home" "ou  "facer/dicir cousas 'de homes' "  foron das máis repetidas. 

Ademais, os seus profesores, Paula Costa e Bernardino Cerviño, estiveron durante o recreo,  co alumnado,   pintando camisetas con lemas reivindicativos  do fin da violencia machista e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.  Moitas grazas a ambos, seguimos na loita.

 

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O alumnado de 3º e 4º da ESO  do Río Cabe, conducido polo equipo da Biblioteca, quixo unirse á chamada unánime da sociedade en contra da triste realidade da violencia de xénero. Neste caso, e mediante unha exposicion  coas súas fotografías que leva por título "As caras da Violencia de Xénero",  chamaron a atención e invítannos a reflexionar sobre unha terrible situación que non podemos nin queremos ignorar.

Tedes toda a información sobre a actividade no seguinte enlace

Unha vez máis queremos agradecer ao equipo da biblioteca a súa implicación e o seu magnífico traballo, así como ao alumnado colaborador na actividade.

  

Mes da Ciencia en Galego; "Entre libros, probetas, pipetas e matraces"

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en  Galego, o  equipo da biblioteca, Flor Lemos  e Xurxo Labrador, en colaboración cos departamentos de Física e Química e Bioloxía, organizaron na biblioteca do Cabe unha exposición de distintos  aparellos e material dos laboratorios, que leva por nome “Entre libros, probetas, pipetas e matraces”.

Os distintos grupos de alumn@s  están acudindo a ver a exposición  e atendendo ás  explicacións dos profesores do departamento, que lles fan de guías. Queremos agradecer a Xurxo R. Labrador, José Vicente Duarte e Juan Redondo a súa colaboración e o entusiasmo que mostran  nas súas valiosas explicacións .

 

Ademais da exposición, dende a biblioteca se nos fai unha serie de recomendacións de lecturas relacionadas coa ciencia. Podemos seguilas nos seguinte enlace: http://bibliocabe.blogspot.com/

Distribuir contido