Educación de adultos

NORMATIVA ACTUALIZADA ENSINANZAS DEPORTIVAS DE RÉXIME ESPECIAL

No seguinte arquivo atópase a normativa das Ensinanzas Deportivas de Réxime Especial actualizada a outubro de 2023 

ABERTA INSCRIPCIÓN NO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL BÁSICA PARA PERSOAS ADULTAS

PROGRAMA FORMATIVO:

Formación de carácter non formal, asociada, entre outras posibles, a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 

 *AF0: Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais.

 *AF1:UD1: Xestión de correo electrónico, google calendar e marcadores sociais.

 *AF2:UD1: Intro ás contornas dixitais

 *AF3:UD1: Intro a Office365

 *AF4:UD1: Seguridade en terminais móbiles: Configuración e copias de seguridade.

 *AF5: UD1: Aplicacións de xestión de equipos.

 

DESTINATARIOS: Todas as persoas que non estean cursando ningunha ensinanza regrada, no caso de esgotarse as plazas terán preferencia as persoas maiores de 55 anos.

 

CERTIFICACIÓN Ó ALUMNADO: Expedida polo centro, con indicación da formación recibida, e acreditable como 2 unidades de competencia en relación coa familia profesional correspondente.

 

DURACIÓN DA FORMACIÓN:    30 horas

 

NÚMERO DE FORMACIÓNS A IMPARTIR:   4  (formaranse grupos de mínimo de 15 persoas), dende outubro a decembro.

  

PROCEDEMENTO PARA INSCRIBIRSE NA FORMACIÓN: As persoas interesadas cubrirán o seguinte formulario cubrindo a preferencia horaria e entregarano asinado na secretaría do centro ou enviarano por correo ao enderezo ies.rio.cabe@edu.xunta.gal

 

ORGANIZACIÓN DA FORMACIÓN: 

Luns – Mércores…...12 a 14h   15 días

Luns – Mércores…...20 a 22h   15 días

Martes - Xoves …….10 – 12h.   15 días

Martes - Xoves …….18 – 20h.   15 días

 

 

O formato poderase adaptar ás necesidades do grupo, se as condicións o permiten.

Práctica de visitas guiadas

No mes de maio comezamos as prácticas do módulo de Procesos de guía e asistencia turística no CS de Turismo.

 A primeira visita, “Camiño de inverno, un itinerario máis?”, estivo a cargo de Ana. Un roteiro con saída de Diomondi onde visitamos a igrexa e o pazo episcopal, hoxe albergue de peregrinos, continuamos polos codos, antiga calzada romana, e rematamos en Belesar.

 Con Montse percorremos “A ruta do panadeiro” que nos levou dende Ferreira ata Marce pasando por Recerende, Sta Mariña e A Míllara.

 

 “Coñece a túa cidade” é o título da visita organizada en conxunto por todo o alumnado de Turismo para o grupo de 3° da ESO. Nesta práctica empregáronse códigos QR para mostrar información e dar pistas para identificar os distintos recursos patrimoniais da cidade de Monforte de Lemos.

   

 A finais de mes saímos destino ao Grove para a excursión que preparou e executou Diana, “O Grove, unha isla”, convisita ao CIPES -Centro de Interpretación da Pesca e da Salga-, explicacións sobre o marisqueo e visita guiada en catamarán pola ría de Arousa.

  

 “Una pizca de Ribeira Sacra”, práctica de Sara polos muiños, o mirador e o castro do Xábrega e o mirador dos Chancís.

    

 

 Bea y Ricardo organizaron para nós, “El gran tour de El Bierzo”. Comezamos a visita na Galería e Mirador de Orellán dende onde tivemos as mellores vistas das Médulas -antigas minas romanas de ouro-, continuamos no Castelo dos Templarios en Ponferrada, viaxamos a un dos pobos máis bonitos de España, Santiago de Peñalba, visitamos o Pazo de Canedo e rematamos en Vilafranca do Bierzo.

      

 E para finalizar as prácticas, Martín levounos a navegar polo Miño e invitounos a unha degustación de viños e de produtos locais nunha adega de garda na súa visita, “Miño+Bodega Ecosacra”.

     

 

 

 

Convocatoria de cursos CELGA para o curso 23/24

Publicouse a Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023

  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023

Máis información:

 

Graduación de 2º BAC diúrno e ensinanzas de adultos

O venres 9 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 2º Bac de diúrno e das ensinanzas de adultos: ESA, BAC e ciclo de Turismo . 

 

Foron un total de 81 alumnos e alumnas quenes, acompañados de profesorado , familias e compañeiros, se graduaron, lembraron vivencias dos anos compartidos no Cabe e desfrutaron das palabras dedicadas a eles nos distintos discursos e da música interpretada por compañeiros e o seu profesor, Xurxo R. Labrador. 

Tivemos a honra de ter como padriño e convidado na despedida, a Edgar Cloos, xuíz retirado, presidente da Audiencia Provincial de Lugo, a quen agradecemos a súa presenza e as súas verbas. Grazas tamén a todos os asistentes ó evento por participar nunca xornada para non olvidar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos de 2º BAC na galería 1 e de Ensinanzas de Adultos na  galería 2

 

 

 

 

O alumnado do ciclo de Turismo visita os Escolapios, a empresa Airas Moniz e a Casa Baltar

No mes de marzo, alumnado e profesorado do CS de Guías, información e asistencia turísticas, asistimos nos Escolapios a unha charla sobre o Cardeal Rodrigo De Castro e fixemos un roteiro gourmet no que visitamos as instalacións da queixería Airas Moniz e Casa Baltar, a “Granxa do doce de leite“.

 

Conmemorando o quinto centenario do nacemento do cardeal Rodrigo de Castro e Osorio celebrouse no salón de actos dos Escolapios unha conferencia impartida por Felipe Aira na que disertou sobre este personaxe histórico e distintos acontecementos da vida do fundador do Colexio da Nosa Señora da Antiga.

 

 

 

A outra actividade, o roteiro gourmet, levounos a Airas Moniz, unha empresa chantadina que elabora queixo de alta calidade, galardonado varios anos coma o mellor queixo azul de España no Salón Gourmet de Madrid.

 

O queixo Savel, xunto coas outras variedades que elaboran e a manteiga, está presente nalgúns dos mellores restaurantes nacionais e internacionais .

 

Durante á visita contáronnos en qué consiste a nova experiencia que están a ofertar, trátase dunha explicación dos procesos de elaboración de cada un dos queixos seguida dunha visita a explotación gandeira e remata coa cata e degustación dos seus queixos acompañada de viño.

 

 

 

 

E para rematar, visitamos Casa Baltar. Varias xeracións traballaron nesta granxa para obter un leite de excelente calidade e valor nutricional que agora se emprega para elaborar un produto exquisito elaborado de xeito tradicional, o doce de leite, que se distribúe por toda España.

 

Non sei cal nos gustou máis, o xeado ou o doce de leite que comemos a culleradas.

 

 

 

O alumnado do ciclo de Turismo Visita o Pazo de Tor, Hotel Cardenal e Pazo Molinos de Antero

Comezamos o mes de febreiro cunha saída ao o Pazo de Tor. Sempre nos gusta visitar esta casa solariega de Tor, é un privilexio poder ver o edificio e todos os mobles, pertenzas, obras de arte, … tal e como o deixou a súa última propietaria Maripaz Taboada de Andrés y Zúñiga.

Foi ela quen donou o pazo á Deputación de Lugo para que se conservara como museo, e cumprindo o seu desexo abriu como tal en 2006.

Nesta ocasión, como novidade, mostráronnos a parte inferior da vivenda que albergaba os cuartos do servizo.

Unha boa opción para coñecer a vida nos pazos galegos!

  

 

A mediados de mes acercámonos o Hotel Cardenal para coñecer a súa oferta aloxativa.

O establecemento, de catro estrelas, situado no centro da cidade e con vista ao río Cabe e o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, é unha interesante referencia para os turistas que chegan a Monforte interesados en coñocer este territorio.

As habitacións están moi ben equipadas e as suites teñen unha distribución e unhas vistas magníficas.

Se tivésemos que escoller, reservaríamos as que miran a San Vicente dende unha ampla terraza que invita ao relax.

  

 

Rematamos as actividades do mes visitando o Pazo Molinos de Antero fundado polo cabaleiro Manuel Antero Yáñez Rivadeneira,administrador e depositario da renda de Monforte e outras comarcas galegas, fiscal xeral da Encomenda de Quiroga e  rexedor perpetuo de Monforte.

O feito de ocupar todos estes cargos fixo que se conserven no seu pazo unha grande cantidade de documentos con milleiros de datos de grande interese da historia social e económica de finais do século XVIII  e principios do XIX.

Ademais de vivenda o pazo tiña outros usos: centro de recadación de impostos, notaría e xestión de bens da nobreza. Estas prácticas motivaron a posta en funcionamento de  todo un sistema de seguridade da época baseado en mirillas que se atopan por toda a casa e que permitían ver a todos os que entraban.

Matías,  propietario e magnífico cicerone na nosa visita, explicounos a relación desta propiedade coa historia do Camiño de Inverno. A carón do pazo pasaba o antigo camiño real de Castela que atravesaba Monforte  e que parece coincidir con esta ruta a Santiago.

Na actualidade o  Complexo Molinos de Antero conta tamén cunha oferta aloxativa formada por tres habitacións e tres apartamentos situados nas antigas caballerizas anexas ao pazo.

Unha tarde de grandes descubrimentos!!!

    

    

Proxecto de cooperación - Alumnado de Turismo

No mes de febreiro deste ano 2023 empezamos a falar Mari Yokela, profesora de turismo finlandesa, mais eu da posibilidade de levar a cabo este fermoso e inspirador proxecto co alumnado de ambos centros. E aquí nos tedes hoxe venres 24 de marzo departindo en videoconferencia con Mari. As nosas alumnas, que están moi motivadas e ilusionadas con este traballo, quixeron saber da duración dos estudos deste ciclo formativo en Finlandia, as materias impartidas, as linguas extranxeiras predominantes e o tipo de turismo que ofrecen. Pasou a hora nun suspiro. Un pequeno detalle que nos puxo os dentes ben largos: onte a noitiña Mari puido ver na súa cidade unhas fermosas auroras boreais de varias cores!! Pero tamén compre dicir que están a -26 graos!

Os alumnos finlandeses están facendo prácticas este mes, polo que hai que esperar a abril para realmente ‘meternos en fariña”. As ideas que temos en mente prometen. Fingers crossed!

Xoves 17, último día: Partido no estadio Benito Villamarín

Para rematar a estadía no Real Betis Balompié o noso grupo asistiu ao partido de Europa League Real Betis contra o Manchester United no estadio Benito Villamarín.

 

 

Esta expedición estivo formada por 15 alumnos/as de varios IES de Galicia e tres profesores.

Dende o IES Río Cabe expresamos o noso profundo agradecemento a quen fixo posible esta visita así como ao Real Betis Balompié pola oportunidade brindada.

Distribuir contido