Educación de adultos

Luns 13, día 1: Visita Real Betis da Liga Nacional de Fútbol Sala

Nestes días parte do noso alumnado do Ciclo Técnico deportivo nivel 1 da modalidade de fútbol, acompañados do seu profesor Jorge Fortes, están visitando as instalacións do Clube Deportivo Betis Balompié en Sevilla.

O primeiro día adicárono a percorrer o Real Betis da Liga Nacional de fútbol sala, entrenado polo galego Bruno García.

 

Probas de acceso a ciclo superior

Está aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Podes consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Orde do 5 de decembro de 2022

Para máis información:

Probas de acceso a ciclo formativo de grao superior

 

Ciclo de Turismo visita Madrid: 1º Día

O CS DE Guías, información e asistencia turísticas comezamos as actividades de 2023 da mellor maneira posible, viaxando a Madrid para asistir a FITUR ‐Feria Internacional de Turismo‐ e ao tempo facer outras actividades como visitar a exposición inmersiva,Tutankamon, ir ao teatro, facer unha visita guiada pola cidade ou visitar unha axencia de viaxes referente a nivel nacional.

 Despois dunha entretida viaxe en tren chegamos a Madrid, desprazamos ao hotel onde nosaloxábamos ‐preto da Praza Maior‐, fixemos o check in e saímos hacia Matadero Madrid para ver a unha chea de tesouros, tumbas, templos e misterios do antigo Exipto. Trátabase dunha exposición inmersiva con experiencias fantásticas de realidade virtual, xogos interactivos de realidade aumentada, unha animación de 360º que cobre as catro paredes e o chan, paneisinformativos,…; todo elo tendo como protagonista ao Faraón Neno, Tuntankamon, no Exipto do 1300 a. C.

 

 

O xoves 19 de decembro tocaba FITUR!!!

A 43ª edición dunha das feiras turísticas máis importantes que este ano mostrábase optimista por poder viaxar sin restricións. O lema, “Viaja al Centro… del Turismo”.

 

A primeira visita foi a Galicia. O noso lema, “Unha viaxe enogastronómica e sostible”. Esa é a aposta da Xunta de Galicia para consolidar a nosa Comunidade como destino de referencia.

 

Charla nas ensinanzas deportivas

O luns 19 de decembro de 2022 no salón de actos do Ies Rio Cabe celebrouse unha charla sobre as regras de xogo do Fútbol a cargo de David Pérez Pallas (árbitro VAR 2a División) e Adrián (árbitro Asistente 2a División), de ascendencia monfortina.  Comezou ás 19h e rematou pasadas as 21h, o cal demostra o interese que suscitou entre os asistentes. 
Cabe destacar que o público foi moi heteroxéneo, xa que non so había adestradores e futuros técnicos  senón que tamén participaron xogadores de distintas idades e afeccionados/as.

     


Agradecer os árbitros que se desplazaron dende Vigo a dar a charla e a todas/os  os/as participantes.

11 de novembro - San Martiño

Como ven sendo tradición, no Cabe quixemos celebrar o San Martiño reunindo a toda a comunidade escolar. Fixémolo o luns 14,en lugar do propio día, venres 11,  xa que a xuntanza adaptábase mellor  a esa xornada,  por razón  de horarios.

 

Nos recreos  da mañá e da tarde, o  alumnado, profesorado e personal non docente disfrutamos dos tradicionais bolos preñados, bica e chocolate quente, mentras escoitabamos a un grupo de alumnos de 1º Bac, que acompañados do  novo profesor de música, Martín, nos amenizaron a pausa. 

 

Parabéns a todos eles pola súa actuación ; grazas a todos os que se uniron á celebración e sobre todo, grazas ó personal da cafetería pola colaboración e axuda prestada. 

 

 

 

 

Coñecendo ao sétimo Conde de Lemos

 O pasado xoves, arroupados pola escuridade,  o alumnado de adultos encamiñouse hacia o Castelo de San Vicente para desfrutar  dunha cita moi especial. Alí estábanos esperando  Don  Pedro Fernández de Castro, Andrade y Portugal , VII conde de Lemos, IV marqués de Sarria, VI conde de Villalba, V conde de Andrade e Grande de España.

Logo de facer as presentacións o ilustre monfortino contounos un poco da súa vida e da súa man visitamos algunhas estancias da que foi a súa residencia o  Palacio Condal.

 Para rematar acompañounos polo maxestuoso claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino  actualmente Parador de Monforte recordando numerosas anécdotas da súa intensa vida.

 

 

 

Agrademos á nosa profesora  de Historia, Fina Vázquez, a idea e organización da visita e ao VII Conde de Lemos,  Alfonso Rodríguez, a súa espléndida teatralización. Voltaremos!

Se queres ver máis fotos visita a nosa Galería.

 

 

Alumnado de Turismo en Termatalia- Ourense

O CS de Guías, información e asistencia turísticas comezamos os contactos co sector turístico, neste curso 2022-2023, viaxando a Ourense para asistir a 20ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar.

Na visita á Feira coñecimos os destinos termais nacionais e internacionais alí presentes, ademais dunha ampla oferta de balnearios, talasos e centros de spa de todo o mundo.

A actividade incluíu a asistencia a unha Mesa redonda sobre a xestión da Auga: Perspectiva Turística e de Xestión.

Voltamos ás aulas con moito relax despois de practicar ioga e de relaxarnos co sonido e as vibracións do gong.

Tamén catamos augas! E podemos contar que nin son inodoras nin insaboras!

 

Listaxe definitiva de cualificacións das probas extraordinarias que dan acceso ao Nivel 1 modalidade fútbol

A lista coas cualificacións definitivas da proba que da acceso ao Nivel I das ensinanzas técnico deportivas poderedes atopala no seguinte enlace.

O alumnado que superou dita proba deberá pasar por Secretaría para formalizar a súa matrícula.

Listaxe provisional das cualificacións da proba extraordinaria de fútbol

Premendo no seguinte enlace accederedes aos resultados provisionais da proba extraordinaria de fútbol:

Resultados provisionais

  • As reclamacións á listaxe provisional de cualificacións realizaranse ata o día 11 de outubro.
  • A listaxe definitiva das cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 13 de outubro

 

Distribuir contido