No mes de maio comezamos as prácticas do módulo de Procesos de guía e asistencia turística no CS de Turismo.
A primeira visita, “Camiño de inverno, un itinerario máis?”, estivo a cargo de Ana. Un roteiro con saída de Diomondi onde visitamos a igrexa e o pazo episcopal, hoxe albergue de peregrinos, continuamos polos codos, antiga calzada romana, e rematamos en Belesar.
Con Montse percorremos “A ruta do panadeiro” que nos levou dende Ferreira ata Marce pasando por Recerende, Sta Mariña e A Míllara.
“Coñece a túa cidade” é o título da visita organizada en conxunto por todo o alumnado de Turismo para o grupo de 3° da ESO. Nesta práctica empregáronse códigos QR para mostrar información e dar pistas para identificar os distintos recursos patrimoniais da cidade de Monforte de Lemos.
A finais de mes saímos destino ao Grove para a excursión que preparou e executou Diana, “O Grove, unha isla”, convisita ao CIPES -Centro de Interpretación da Pesca e da Salga-, explicacións sobre o marisqueo e visita guiada en catamarán pola ría de Arousa.
“Una pizca de Ribeira Sacra”, práctica de Sara polos muiños, o mirador e o castro do Xábrega e o mirador dos Chancís.
Bea y Ricardo organizaron para nós, “El gran tour de El Bierzo”. Comezamos a visita na Galería e Mirador de Orellán dende onde tivemos as mellores vistas das Médulas -antigas minas romanas de ouro-, continuamos no Castelo dos Templarios en Ponferrada, viaxamos a un dos pobos máis bonitos de España, Santiago de Peñalba, visitamos o Pazo de Canedo e rematamos en Vilafranca do Bierzo.
E para finalizar as prácticas, Martín levounos a navegar polo Miño e invitounos a unha degustación de viños e de produtos locais nunha adega de garda na súa visita, “Miño+Bodega Ecosacra”.