Plan Proxecta 2018/2019

Actividades do Plan Proxecta no curso escolar 2018/2019

Por 365 días de respecto e igualdade

Os alumnos/as do reforzo lingüístico de 1º e 2º de ESO, xunto coas súas profesoras Sonia Sánchez e Carmen Quiroga, veñen de completar a primeira actividade, "Que é ser un home? Que é ser unha muller?", do programa "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo". Trátase dun panel, exposto nun dos corredores do centro, onde o alumnado reflexiona sobre os roles feminino e masculino, e tratan de responder á pregunta de que significa ser home ou ser muller na sociedade na que vivimos.

Donas de Si

O primeiro desta actividade foi visualizar o seguinte vídeo sobre Rosa Parks e contestar a unhas preguntas sobre o mesmo:

O alumnado buscou información sobre 30 mulleres que fixeron historia e realizamos a actividade titulada "Pegadas de muller", que consiste en representar nunha liña do tempo a esas figuras, sinalando os datos biográficos fundamentais e o/os fito/s máis importantes que lles permitiron facer historia:
 
 
Seguidamente buscaron citas célebres en distintos idiomas que foron pronunciadas por algunha daquelas mulleres que fixeron historia:
 
Tamén elaboraron nubes de palabras e por último, visitaron a exposición na Biblioteca. A actividade reflicte os homes e mulleres que para os alumnos/as fixeron historia e nos documentos adxuntos pódese descargar e ver o documento sobre a Presentación da Exposición e outro documento coa reflexión sobre as nubes de palabras.
 
Ademais, facendo click en calquera das fotografías accédese a unha pequena galería fotográfica das diferentes fases do proxecto.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros educativos.

Dentro do ánimo do centro de participar en diferentes iniciativas educativas, solicitáronse varios programas para o curso académico 2018/2019, dos cales foron concedidos os seguintes:

Aprendo Programando

Por 365 días de respecto e igualdade

Donas de si

Consumópolis

Apuntápomonos a non beber

Parlamento Xove

Educación patrimonial

Distribuir contido