Curso 2009/10

Olimpiada Matemática

Mar López Rodríguez, alumna do IES Río Cabe, conqueriu, xunto con outros dous alumnos de Santiago de Compostela, o 2º Premio da Olimpiada Matemática de Galicia realizada o día 15 de Xaneiro en Santiago de Compostela. Enhoraboa!!


Plan Lector

Visitando blog Bibliocabe, podedes acceder á avaliación do Plan Lector que se leva a cabo no noso centro. Xa é o cuarto ano que se aplica na ESO e o segundo ano que se aplica no Bacharelato.


Visita ao Colexio Novo

O luns 18 de Xaneiro, o director do centro e a orientadora realizaron unha visita ao Colexio Novo para informar aos pais e alumnos das características da etapa secundaria que se imparte no IES Río Cabe.


Contacontos "Tropa de trapo 2009"

O día 9 de Novembro, alumnos de 2º de BAC asistiron a un contacontos da "Tropa do trapo"na Biblioteca do centro.

Excursión a Santiago

No mes de Novembro, alumnos de 3º da ESO realizaron unha visita a Santiago de Compostela, organizada polo departamento de Normalización Lingüística. Pica en cada enlace para ter máis noticias da excursión.

 

 

 


 

Excursión ao Marroxo (monte Monfortino)

O día 26 de Novembro, alumnos de 2º de Bac realizaron unha visita ao Marroxo, monte monfortino, para a realización dun herbolario e para o recoñecemento de especies. A actividade foi realizada e planificada polos departamentos de Xeografía e Historia e Ciencias Naturais.

Picando na foto, podes acceder á galería de fotos da excursión.

 

 

Conferencia: "Sic itur ad astra. Figuras mitológicas en el cielo de la antigüedad

04/12/2009 12:35
04/12/2009 13:25
Etc/GMT+1

O día 4 de Decembro, alumnos de 3º e 4º da ESO do centro asistirán a unha conferencia impartida por Edgar Andueza Pérez, licenciado en filoloxía clásica, na biblioteca do centro.


Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Con motivo da celebración do "Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero", as compañeiras da Biblioteca, Beatriz e Mª Luz, prepararon unha pequena actividade chamada "Mulleres no chan". Picando no enlace, podedes acceder a máis información sobre dita actividade.


Visita ao centro do viño

O día 7 deste mes os alumnos de 3º ESO, xunto con dúas profesoras do Equipo de Normalización Lingüística, fixeron unha visita ao centro do viño da Ribeira Sacra.
 
 

Programa de actividades 2009/10

Os compañeiros da equipa de Normalización Lingüística xa teñen o programa de actividades para éste curso académico 2009/10. Conforme vaian programándose as actividades, irá aparecendo en Eventos a data na que se fará.

Igualmente, podedes acceder á programación anual en formato PDF picando no seguinte enlace:

 

Programacion anual


Distribuir contido