Curso 2009/10

Noite na Bilioteca 2009

O pasado día 5 de Novembro, realizaouse a "II noite na Biblioteca" con alumnos da ESO e profesores, en conmemoración do "Día das bibliotecas". Picando na imaxe podedes acceder á galería de fotos do evento.


Magosto 2009

O día 5 de Novembro, durante o recreo, tivo lugar no centro un magosto realizado por Vicente, o encargado da cafetería, para tódolos membros da comunidade escolar.

 


Exposicion micolóxica 2009

O día 5 de Novembro, alumnos de PDC-1 do centro, acompañados pola profesora de Ciencias Naturais Lucía Vázquez, visitaron a exposición micolóxica organizada polo concello de Monforte de Lemos, na aula de cultura.

Picando na foto, podedes acceder á sección fotográfica da visita.


 

 

II certame de relatos de terror ou misterio

Picando na imaxe, podedes acceder á noticia relacionada co II certame de relatos de terror ou misterio, que as encargadas da Biblioteca do centro están a efectuar.
                                                                                                    
                                                                                                       (Deseño de Manuel Sánchez)

Programación actividades complementarias

Na sección actividades complementarias temos actualizado a programación para as diversas activdades complementarias que se van a celebrar ao longo do curso. Segundo se vaian programando, iremos actualizando a páxina, con enlace á sección de galerias para ver unha mostra visual das actividades.

Menú do comedor Outono-Inverno

No seguinte enlace podedes descargar en formato PDF o menú do comedor do instituto para os meses de Outono e Inverno.

Noite na Biblioteca

21/10/2009 21:00
22/10/2009 00:45
Etc/GMT+1

Con motivo da celebración do "Día das Bibliotecas Escolares" vaise celebrar, ao igual que o curso pasado, unha sesión nocturna na biblioteca do instituto con varios profesores e profesoras e algúns alumnos do clube.


Informes da Xefatura de Estudos

No menú Xefatura de Estudos iranse colgando os horarios de clases dos alumnos do centro, tanto do ensino de diurno, ensino de adultos, ciclos e PCPI, todos en formato PDF.

Igualmente estará o documento no que se reflexa o calendario escolar. 

En breve, iranse colgando na rede os horarios e datas de Avaliacións e Preavaliacións, así como as horas de atencións aos pais en Titorías.


Temas de Bioloxía de 2º de BAC

Xa están dispoñibles os apuntes de Bioloxía de 2º de bacharelato correspondentes á primeira avaliación. Podedes descargalos en formato PDF dende o departamento de Ciencias Naturais.


Temarios de Física e Química 1º BAC

Na sección de Departamentos Didácticos, Física e Química, podedes descargar os temas e boletíns de problemas correspondentes á programación de aula de 1º de BAC.


Distribuir contido