Curso 2009/10

Certame de Fotografías Literarias

Fallouse O Concurso de Fotografías Literarias convocado polo Taller de Palabras. Entre as persoas premiadas atópase a titulada "Ideas" da alumna do centro Emma Fernández. ¡Enhoraboa!.

 

 


 

1º Certame de poesía ilustrada - 1º ESO

No enlace Bibliocabe podedes ver os tres primeiros premios concedidos a alumnos de 1º da ESO con motivo da celebración dun certame de poemas ilustrados.

 

 

 

 

 


 

Día de San Valentín 2010

O día 14 de Febreiro foi o Día de San Valentín, e no centro decidiuse realizar un acto solidario cos dannificados polo terremoto de Haiti. No acto recaudáronse fondos para a construcción dun orfanato para nenos abandonados e con discapacidades en Haití. No blog Bibliocabe tes máis información. 
 
 
 

 
 
 

30 de Xaneiro. Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse o Día internacional da Paz. Con motivo desta celebración, no noso centro físoxe unha pequena exposición do Guernica, coordinada polo vicedirector e profesor de deseño Manuel Sánchez. Picando na foto, podedes acceder á galería de fotos.

Se queredes máis información, podedes acceder ao seguinte enlace de Bibliocabe.


Entrevista co alcalde de Monforte

No mes de Xaneiro, os alumnos de 2º de BAC Iván Pérez, Yago Pérez e Diego Rodríguez, fixeron unha pequena entrevista ao alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz. A entrevista foi gravada en video. Como o tamaño é un pouco grande, non se pode visualizar en streaming. Por elo, hai que descargala ao ordenador picando na imaxe.
 

Visita á Caneira de Ourense

En Novembro de 2009, dúas alumnas de 2º de BAC, Aida e Mar estiveron na Caneira de Ourense facendo unha video reportaxe. Como o arquivo é un chisco grande para por en Streaming (que se poida ver dende ésta páxina web), o mellor para visualizalo é descargalo ao voso ordenador. Para elo, picades na imaxe. O arquivo está en formato wmv.
 

Fotos do Santo Tomé 2009/10

Con motivo dos actos culturais realizados o día 29 de Xaneiro no centro conmemoranto a festividade de Santo Tomé, na sección de galería están colocadas unha serie de fotos das diferentes actividades. Picando na imaxe, podes acceder a elas.
 

Obradoiro "Alimentación Saudábel"

Durante o mes de Febreiro, o departamento de Orientación e a Vicedirección do centro van organizar tres obradoiros sobre alimentación saudable dirixidos aos alumnos de 2º de BAC e impartidos por unha técnico superior en Dietética, Ana Gallardo. Para máis imformación podes descargar o documento en formato PDF.

Actividades Santo Tomé 2009/10

O día 29 de xaneiro, con motivo da festividades de Santo Tomé, vanse organizar unha serie de actividades dende as 11:15 ata as 14:15, que afectarán soamente ao alumnado da ESO. No bacharelato, as clases desenvolveranse con normalidade. As actividades e a súa distribución horaria están deseñados nos seguintes arquivos, en formato PDF:

Excursión Semana Branca a Andorra - 2010

Nesta páxina, o IES Río Cabe irá informando diariamente das novas relacionadas coa excursión dos alumnos de 1º de BAC e Ciclo Formativo  "Semana Branca 2010" en Andorra.

  • 17-01-10: Os rapaces, cos profesores acompañantes, chegaron ao hotel CIMS onde se van a hospedar durante toda a semán. Segundo comentaron os profesores non houbo nengún percance e imprevisto algún.
  • 18-01-10: Logo do primeiro día de esquí, e a pesares do cansancio dos rapaces, todo discurre segundo o planificado.
  • 19-01-10: Segundo día de esquí, sen incidencias. Segue aumentando o nivel de esquí e o cansancio dos rapaces. Non houbo nenguhna incidencia.
  • 20-01-10: Os rapaces estiveron todo o día de esquí e pola tarde foron a patinar sobre unha pista de xeo. Os rapaces están contentos e cansos.
  • 21-01-10: Segundo comentan os profesores acompañantes, no día de hoxe xa aprenderon a esquiar tódolos rapaces e rapazas. Ao rematar, e pola tarde, foron ao balneario de Caldea.

Distribuir contido