Blogues

O Taboleiros dos Bos Desexos (ii)

Pois ao final logramos levar a cabo un taboleiro de bos desexos xeitoso. Fómolo enchendo coas boliñas de cores. O deseño foi idea de Chus Vázquez, a nosa Vicedirectora, e púxoa en práctica Teresa Paz, que sempre está disposta a botarnos unha man. Graciñas a tod@s @s que achegastes os vosos desexos para este ano novo. Estamos seguras de que será ventureiro!!!

 

Actuacións de Nadal

Chega Papá Noel (o noso David) ao Pontepedriña

 
   
 
   
   

Actuación de Matías Munín e Artur Vázquez, de 1º e 4º da ESO.

   
   
   
   
 

Actuación do alumnado de 1º ESO, que cantou e bailou a panxoliña de Gwen Stefani "You make it feel like Christmas". (Dpto. Inglés)

   
   
   

 

Actuación de Víctor Gómez, alumno de 1º de Bacharaleto.

 
   
   

Actuación de Iago Baleirón e Adrián Brey, alumnos de 2º de Bacharaleto. Adrián exerceu ademais de presentador!!!

Actuación do alumnado de 3º ESO, que cantou e bailou a panxoliña de Kelly Clarkson "Underneath the tree". (Dpto. Música)

 Gañador@s do concurso "Aulas de Inverno"

   
   

Actuacións de Nadal

Chega Papá Noel (o noso David) ao Pontepedriña

 
   

Actuación de Matías Munín e Artur Vázquez, de 1º e 4º da ESO.

   
   
   
   

Actuación do alumnado de 1º ESO, que cantou e bailou a panxoliña de Gwen Stefani "You make it feel like Christmas". (Dpto. Inglés)

   
   

Actuación de Víctor Gómez, alumno de 1º de Bacharaleto.

Actuación de Iago Baleirón e Adrián Brey, alumnos de 2º de Bacharaleto. Adrián exerceu ademais de presentador!!!

Actuación do alumnado de 3º ESO, que cantou e bailou a panxoliña de Kelly Clarkson "Underneath the tree". (Dpto. Música)

 

 

Merry Christmas!!!

 
   
   

O taboleiro dos bos desexos

Cando queda xa tan pouquiño para recibir o ano novo, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña pretendemos facervos reflexionar sobre aqueles desexos desinteresados que queredes que se cumpran para o ano que vén. Baixo o lema "Enchamos o 2018 de...", animádevos a poñelos por escrito nas boliñas que temos preparadas. Aparecerán expostos no taboleiro que se atopa na entrada do instituto. Quen sabe! Ao mellor a enerxía positiva que xeramos fai que nos sexan concedidos... Guiño
 
Nós xa fixemos a nosa achega. Agardamos polas vosas!

Aulas de inverno

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña convoca un concurso de decoración de aulas para celebrar a chegada do inverno e a entrada do aninovo entre o alumnado de 1º e 2º de ESO.
A decoración das aulas levarase a cabo durante a última semana de clase antes das vacacións de Nadal e será de temática invernal. Así mesmo, deberán incluír felicitacións de aninovo en lingua galega. Valorarase especialmente a utilización de materiais reciclados, re-utilizados e respectuosos co medio ambiente.
Estamos desexos@s de ver os resultados!!!

Saint Andrew's Day 2017

   
   
   

Voces da Escola (Radio Voz)

Daniel Méndez, Alicia Novoa, Carla Penas e Paula Alfonsín, alumnado de 4º de ESO, deron os seus primeiros pasos como xornalistas entrevistando a Patricia de Lorenzo, actriz do Grupo Chévere.
 
Na sección "Voces da Escola" do programa "Voces de Compostela" de Radio Voz en Santiago de Compostela, os nosos mozos e mozas someteron a actriz a unha exhaustiva entrevista, incidindo na súa experiencia laboral e na súa idea do feminismo.
 

25 de novembro (iii)

Para rematar coas actividades que conmemoran o 25N, Chus Vázquez, vicedirectora deste centro, programou tres sesións interactivas nas que Gloria Vázquez e as súas compañeiras da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Superviventes da Violencia de Xénero e/ou Abusos) abordaron a problemática da violencia machista co noso alumnado de 3º ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. Foron moi instrutivas, polo que de seguro repetiremos experiencia.

 

   

25 de novembro (ii)

Esta semana estivemos moi atarefad@s coa preparación das actividades do 25N, pero pagou a pena. Intentamos facer a nosa pequena achega recollida neste vídeo. Agardamos que vos guste...

Distribuir contido