Blogues

Un Sac de Billes

Un Sac de Billes, un saco de bólas, é o título dunha película proxectada no Cine Numax e ambientada durante ocupación nazi en Francia. O alumnado gañador do Concurso Aulas de Inverno, isto é, 1ºR e 2ºS, acompañado polos grupos de 3ºM e FP Básica, puido vela o mércores 7 de febreiro na súa versión orixinal en francés subtitulada en galego. O filme fixo que houbera quen soltara algunha que outra bágoa e foi calificada como moi recomendable polos nosos rapaces e rapazas.

 

 

 

Exposición de receitas de Entroido

Grazas á coordinadora desta actividade, a nosa compañeira de Lingua Galega Mariló Lagarón, contamos no centro cun recuncho no que inspirarnos á hora de celebrar o Entroido. O noso alumnado fixo un labor estupendo recollendo as receitas dos seus pais e nais e, sobre todo, dos seus avós e avoas. Fáisenos a boca auga só de ollar as imaxes!!!

Visita de Ana Alcolea

Dentro da sección O Curruncho das Escritoras, @s nos@s ávidos lectores de 1º ESO puideron resolver todas as dúbidas que lle xurdiron ao ler El Medallón Perdido, xa que contamos coa presenza da escritora Ana Alcolea. Foi unha sesión moi entretida na que o noso alumnado lle amosou o moito que lles gustou a súa obra.

Cartas de San Valentín

Este curso ímoslle dar continuidade á actividade Cartas de San Valentín, estupendamente desenvolvida o ano pasado pola nosa compañeira Carme García Ares, actualmente no IES Lamas de Abade, e que tan boa acollida tivo. Animamos a todo o alumnado a escribirlle unha carta de amor (non necesariamente romántico) a calquera membro do noso centro do 1 ao 16 de febreiro. Poderedes facervos cun bo premio aínda que nos fallase o patrocinador. Velaquí as bases:
 
 

O Curruncho das Escritoras

Botamos a andar unha nova actividade chamada O Curruncho das Escritoras, na que o noso alumnado poderá achegarse ao mundo das autoras das obras que len durante o curso. Comezamos a nosa andaina coa escritora aragonesa Ana Alcolea, galardoada co Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, White Ravens e o Cervantes Chico, entre outros.
O alumnado de 1º de ESO terá ocasión de facerlle preguntas sobre El Medallón Perdido ou Castillos en el Aire o vindeiro 29 de xaneiro na Sala de Usos Múltiples ás 12:45.

Voces da Escola (Radio Voz)

Na sección "Voces da Escola" do programa "Voces de Compostela" de Radio Voz, @s nos@s "xornalistas" entrevistaron a unhas persoas moi especiais: os seus propios compañeiros e compañeiras que gañaron o premio Internacional da FAO. Foi realmente emocionante!!!

Despois do Lume (ii)

@s nos@s premiad@s saíron na TVG. Moi orgullos@s deles!!!

Entroido 2018

 

 


O ENDL do IES Pontepedriña en colaboración cos Dptos. de Lingua Galega e Relixión organiza unha exposición de receitas na que calquera membro da comunidade educativa pode contribuír. Só ten que enviala ao enderezo electrónico bibliotecapontepedrinha@gmail.com ou entregala en papel ao profesorado de galego. Terán que ser receitas típicas do entroido, estar escritas en galego e incluír unha imaxe. O prazo rematará o vindeiro 5 de febreiro.

 

Por outra banda, animamos a presentar os pratos elaborados o 9 de febreiro. Deste xeito, estaredes colaborando co alumnado que viaxará a Londres e Roma, xa que poderán ser vendidos durante o Festival de Entroido para recadar fondos. 

 
Así mesmo, as persoas que se animen a elaborar a receita poden crear un videotitorial da mesma e participar no concurso Youtubeir@s. O dito concurso organizado polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña promove incentivar a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego.

Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos. O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premios Youtubeir@s é do 1 de decembro de 2017 ao 15 de marzo do 2018 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde. As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web http://youtubeiras.gal/inscricions/. Poderedes atopar toda a información precisa e a contía dos premios no seguinte enlace: (http://youtubeiras.gal/bases/).

 
O venres 9 de febreiro terá lugar o noso tradicional Festival de Entroido. Este ano, ademais de actuacións musicais, haberá un concurso de disfraces, rexido polas seguintes BASES:
1) Para poder participar nel, cómpre anotarse na conserxaría nunha das categorías: individual, parella e grupo (poder ser formado por alumnado de distintas aulas).
2) Para optar ao premio, non é preciso participar en ningunha das actuacións musicais previstas.
3) Valorarase a orixinalidade dos disfraces e a posta en escena á hora de desfilar ante o xurado nomeado para tal fin.
4) @s participantes no concurso de disfraces aceptan as condicións expostas nestas bases.
 
 

Gañador@s do Certame Internacional da FAO

Orgullo!!! Este sentimento percorre o IES Pontepedriña e non é para menos. Un grupo de alumnado e profesorado acaba de proclamarse vencedor dun Certame Internacional convocado pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) para conmemorar o Día Internacional do Solo. Coordinados por Nicolás Lucas (Dpto. Bioloxía e Xeoloxía) e baixo o título Despois do Lume, este equipo presentou un mural que expresaba un relato sobre a destrución de vexetación e dos solos. Traballaron arreo o Dptos. de Plástica, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Música, Inglés e Lingua Galega con alumnado de 3º e 4º ESO e o resultado foi impresionante. Déronnos unha lección de como facer as cousas ben e, sobre todo, de que a colaboración interdepartamental é fundamental. PARABÉNS!!!
 
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/01/10/ies-pontepedrina-gana-concurso-fao-trabajo-sobre-incendios/0003_201801S10C4991.htm

Tedes toda a información sobre Despois do Lume, proxecto gañador do Certame Internacional da FAO, neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/node/646

Aulas de inverno (ii)

Quedamos abraiadas do moito e ben que traballou o noso alumnado de 1º e 2º da ESO. Daba gusto ver as súas caras de ilusión cando o xurado visitaba a súa aula. Se ben houbo só un gañador por categoría, 1ºR en 1º ESO e 2ºS en 2º ESO, tod@s o foron porque o fixeron realmente ben. Queremos agradecer especialmente aos titores e titoras (Esther Pereira, Conchi Seguín, Remedios Salgueiro, Susana Iglesias e Manolo Rodríguez) pola paciencia infinita que tiveron para poder levar a cabo esta actividade. Por suposto, non podemos esquecernos do noso xurado: Adrián Brey, Vanesa Frade, Sara Oca, Estela Pintos e Araceli Queiruga. Tiveron un labor realmente difícil! O ENDL temos claro que nada se pode facer sen a colaboración do alumnado, profesorado e persoal non docente e Aulas de Inverno é proba diso. Grazas, grazas e mil grazas!!!


1º R
1º S
1º T
2º R
2º S
2º T
Xurado
Distribuir contido