Blogues

Lecturas feministas

Que mellor xeito de rematar as celebracións polo Día do Libro que cunha charla impartida polo noso alumnado? Meu dito, meu feito. As alumnas de 4º ESO Paula Alfonsín, Alicia Novoa e Carla Penas animaron os seus compañeiros e compañeiras máis novos a ler obras que avogan pola igualdade de xénero. Foi moi interesante!!!

Descargar fotos

Visita de Berta Dávila

A última autora coa que tivemos a sorte de contar no Curruncho das Escritoras foi Berta Dávila. O noso alumnado de 1º Bach tirou proveito da súa visita para entender mellor O Derradeiro Libro de Emma Olsen e mesmo puido entrevistala. Foi un verdadeiro pracer tela connosco!

Descargar fotos

 

St. George's Day

 
   
   
   

Día Internacional do Libro

Abre a túa mente. Escolle o teu libro.

 

Programa escolar de consumo de froitas e lácteos

O "savoir faire" das nosas compis da conserxaría, Teresa Paz e Vanesa Frade, xunto con Javier Benito Torres (Dpto. Economía), fixo do Programa escolar de consumo de froitas e lácteos todo un éxito estes días. Non deixaron nadiña!!!

   

A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

Dentro do programa " A ponte entre o ensino medio e a USC", o alumnado de 1º Bacharelato puido asistir á charla temática impartida polo catedrático de Comunicación Audiovisual, Xosé Soengas Pérez, titulada " O control da información nos medios de comunicación: a censura e a manipulación".

   

Obradoiro "Xornalismo na escola"

O Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa organizan obradoiros de 90 minutos a través dos cales o noso alumnado de 3º ESO puido entrar en contacto co mundo dos medios de comunicación, da man da xornalista Mónica González Alonso. 

 

 

II Concurso de Booktrailers



O ENDL do IES Pontepedriña convoca o II Concurso de Booktrailers, isto é, vídeos de promoción de libros de lectura, co fin de promover a lectura de libros en galego, o uso da lingua galega en relación coas TIC e a creatividade do alumnado. A convocatoria e a resolución deste concurso rexerase polas seguintes bases:

 
1) O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística e promover a lectura como entretemento entre a mocidade.
 
2) Poderá concursar todo o alumnado matriculado no instituto neste curso escolar 2017-18.
 
3) Cada alumno ou alumna poderá presentar un máximo de 3 creacións inéditas.
 
4) Os booktrailers terán como finalidade promocionar calquera libro de lectura escrito en galego (tamén poden ser traducións) dos fondos da biblioteca do centro escolar.
 
5) A duración mínima é de 60 segundos e a máxima de 120 segundos.
 
6) Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo da biblioteca (bibliotecapontepedrinha@gmail.com). Paralelamente cubrirase unha ficha de inscrición dispoñible na biblioteca do centro.
 
7) O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de maio de 2018.
 
8) Establécense dous premios:
       1º premio 100 euros
       2º premio 50 euros
Para cada categoría de participación:
       De 12 a 16 anos
       De 16 anos en diante
 
9) Na avaliación dos traballos terase en conta os seguintes criterios: orixinalidade, creatividade, calidade artística e eficacia comunicativa.
 
10) O xurado estará formado por profesorado do instituto.
 
11) Os traballos ganadores publicaranse na páxina web do instituto e nas redes sociais e blog do ENDL. Así mesmo, proxectaranse na entrada do instituto.
 
12) A participación no concurso implica a cesión dos dereitos para difundir os traballos presentados, no ámbito da normalización da lingua galega e da promoción desta actividade por parte do IES.
 
13)  A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Enreguéifate (ii)

Tras a primeira entrega de Enreguéifate, os mestres de regueifa Alba María e Josinho da Teixeira volveron impartir a segunda parte do obradoiro. Foi incrible como lograron que ata aqueles máis tímidos de 1º e 2º ESO se soltaran e conseguiran improvisar as rimas. Foi unha experiencia moi enriquecedora e tivemos a sorte de contar cos mellores. Graciñas Alba e Josinho polo voso bo facer. Seguro que repetiremos.

Descargar fotos e vídeos

Enreguéifate

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Onte puidemos participar nun dos obradoiros Enreguéifate que teñen como finalidade que a mocidade aprenda métodos de improvisación oral. Da man de Alba María e Josinho da Teixeira, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e FP Básica puido amosar as súas dotes para improvisar. Pasámolo de medo!

  Descargar fotos

 

 

Distribuir contido