Blogues
Voces da Escola (Radio Voz)
Enviado por Visitante o Sáb, 03/03/2018 - 19:02Dentro da sección Voces da Escola de Radio Voz, Cristina Aldrey, Julia Feijoo e Laura Sabel (3º ESO) entrevistaron o xogador de baloncesto do Monbus Obradoiro Alberto Corbacho de la Cruz. Podedes escoitar a entrevista no seguinte enlace:
24 febreiro. Día de Rosalía de Castro
Enviado por Visitante o Sáb, 24/02/2018 - 13:29Velaquí a pequena achega do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Damos as grazas a tod@s @s que colaborastes na elaboración deste vídeo.
Visita de Andrea Maceiras
Enviado por Visitante o Mér, 21/02/2018 - 18:13A nosa segunda autora dentro da sección O Curruncho das Escritoras foi Andrea Maceiras. O alumnado de 3º ESO leu a súa novela Europa Express e fíxolle todas aquelas preguntas que lle xurdiron tras a súa lectura. Puidemos comprobar que é unha obra que lles gustou. Foi un pracer tela connosco.
Sorteo "Cartas de San Valentín"
Enviado por Visitante o Lun, 19/02/2018 - 16:24Semana da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por Visitante o Ven, 16/02/2018 - 17:06Podedes ver o vídeo que resume as actividades organizadas polo ENDL, o Dpto. de de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para conmemorar o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia.
11 Febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por Visitante o Dom, 11/02/2018 - 07:30![](https://3.bp.blogspot.com/-3F0R6y7Ni-g/WoAWiq25lyI/AAAAAAAAAeg/2SdYimi28QEks6jRhfnRonPP9SPdDp0rgCLcBGAs/s200/gap14f08184692_783403_manual.jpg)
![](https://2.bp.blogspot.com/-SW-El-bjaAM/WoAWrfbYgpI/AAAAAAAAAek/cNwLtIbnFUQgPEu5M6rpJhrLU30pXRZUQCLcBGAs/s200/Charla%2BXoana%2BPintos%2B%25281%2529.jpg)
![](https://3.bp.blogspot.com/-3iIat6mrZEw/WoAWudZ2ZMI/AAAAAAAAAeo/tQNnqvjmqA0CcqcobhPHck8PsNx8QED2gCLcBGAs/s200/Jannette_Rodriguez-Pallares.jpg)
Sirva este vídeo como homenaxe a todas aquelas mulleres que grazas ao seu esforzo e tesón seguen a abandeirar a loita pola igualdade real entre homes e mulleres. Grazas compañeiras!!!
Festival de Entroido
Enviado por Visitante o Ven, 09/02/2018 - 20:23O Entroido chegou ao noso centro e espallouse entre toda a comunidade educativa, non só entre o alumnado (preme nas imaxes para amplialas):
Volvemos contar coa colaboración de Adrián Brey, quen se animou a presentar o festival:
O noso alumnado amosou moita orixinalidade e bo humor, como pode verse no colorido dos disfraces:
Tivemos comparsas...
...parellas e desfiles individuais.
Velaquí se recollen os mellores momentos. Agardamos que vos guste. Para o ano máis e mellor!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogs Distribuir contido](/centros/iespontepedrina/misc/feed.png)