Normalización Lingüistica
OBRADOIRO DE PORTUGUÉS
O alumnado de 4ºESO participaron o xoves 16 de marzo nun obradoiro de portugués no salón de actos do instituto. A actividade, organizada polo departamento de Normalización Lingüística, tiña como finalidade coñecer a cultura do noso país veciño e sobretodo identificar as linguas portuguesa e galega como procedentes das mesmas raíces.
DIA DOS ENAMORADOS
Para conmemorar o dia de San Valentín e para demostrar que o galego tamén é propicio- como calquera outra lingua- para manifestar o noso amor, no só o amor romántico senón tamen o amor a un irmán, pai, nai... o noso centro, dende o equipo de normalización lingüística e en colaboración cos departamentos de plástica e de galego preparamos un gran corazón que levaba o título de "Galego, lingua de amor" no que o alumnado da ESO, mediante pos-its de distintas cores (unha para cada curso) escribiron unha frase curta de amor. As frases eran de carácter anónimo.
CORRELINGUA 2016
Alumnos e alumnas do IES Pedra da Auga acompañados polos seus profesores, participaron hoxe nas actividades do Correlingua 2016 celebrado en Ponteareas.
Despois da marcha organizada por distintas rúas da vila, asistiron á lectura do Manifesto 2016 e a actuación do grupo gañador do Cantalingua: Zënzar.
Preme na imaxe para acceder á galería.
MANUEL MARÍA
Preme na imaxe para acceder á galería.
Para homenaxear a figura do escritor Manuel María, a profesora Luisa Bel xefa do Departamento de Normalización Lingüística coa axuda da profesora María Villarino, coordinou a elaboración dunha composición fotográfica co retrato do poeta, iniciativa na que participou toda a comunidade educativa do centro e que quedará exposta de forma permanente no salón de actos do Pedra da Auga.
Magosto 2011
O venres 18 de novembro, celebraremos o magosto, de 12:45 a 14:25.
Animádevos a participar!
FERMÍN BOUZA BREY
O alumnado do IES Pedra da Auga participou nunha charla na que se deu a coñecer o escritor Fermín Bouza Brey
The magosto
Do you know what the magosto is? No? Ok, here you have all the information you need about this fascinating galician party
http://www.scribd.com/doc/19072957/The-Magosto
VISITA A BUEU
VISITA A BUEU DO ALUMNADO DE 3º ESO E VISITA A PONTEAREAS DOALUMNADO DE 3º ESO DO IES JOHAN CARBALLEIRA DE BUEU