Secretaría
Curso 2019/2020 - Impresos de matrícula e instruccións.
Modelos de impresos de matrícula para ESO e Bacharelato con instruccións.
Como cada curso escolar compre facer o trámite de matrícula para todos os cursos de ESO e Bacharelato.
Ao alumnado xa matriculado no Centro entregaráselle un impreso co último boletín de notas.
O alumnado de nova incorporación pode descargar e imprimir os modelos para non verse obrigado a achegarse dúas veces ao IES para este trámite.
Lémbrase a recomendación de empregar os días do prazo legal recomendados nas instruccións, xa que deste xeito evitamos colas interminables e poderemos prestar mellor atención a cada persoa.
MODELOS DE MATRÍCULA:
Bacharelato: 1º, 2º Ciencias, 2º Humanidades ou Ciencias Sociais.
Ponte de san Xosé
O vindeiro luns 18 de marzo non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.
Substituímos así unha das festividades locais deste 2019 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS.
A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos
Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.
Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.
Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.
ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE: Admisión de alumnado para o curso 2018/2019
ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE.
No día de hoxe acórdase admitir a dúas alumnas para 1º da ESO.
No documento adxunto pódese consultar a resolución de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar.
PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019
O prazo para presentar solicitudes de admisión, para estudar o curso 2018/2019 Educación Secundaria Obritagoria e Bacharelato, abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo.
As prazas dispoñíbeis neste IES son as seguintes:
Nivel educativo | Nº de vacantes |
1º ESO | 0 VACANTES |
2º ESO | 28 VACANTES |
3º ESO | 12 VACANTES |
4º ESO | 26 VACANTES |
1º BACHARELATO | 19 VACANTES (13 ORDINARIAS E 6 PARA ANEE) |
2º BACHARELATO | 12 VACANTES |
Admisión F.P. Básica
Relación de solicitantes admitidos e excluídos para a F.P. Básica.
Curso 2017/2018.
RELACIÓN DE ADMITIDOS 2016/2017
Premer no arquivo que se achega para acceder á listaxe de admitidos e excluídos do curso 2016/2017.
CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016
GRAO SUPERIOR | GRAO MEDIO | |
Inscripción á proba | 15 – 26 febreiro | 4 - 15 abril |
Celebración da proba | 20 abril | 25 maio |
NOVIDADE: Acceso directo de Ciclo Medio a Ciclo Superior.
Máis información:
Prazas vacantes en ciclos formativos
Hai prazas VACANTES nos seguintes ciclos formativos ofertados polo centro:
-CM de Instalacións eléctricas e automáticas
-CM de Servizos Administrativos
-CS de Administración e Finanzas
Podes matricularte ata o día 2 de outubro ás 13:00 h. Lembra que para acceder ó CM necesitas o título da ESO ou proba de acceso e para acceder ó CS, o título de Bacharelato ou proba de acceso.