Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

III Feira Guláns de minerais.

Terceira Feira Guláns de minerais.

Álbum: 2018_2019 -> Feira Guláns de minerais.

SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

O alumnado  de 1º ESO estivo de excursión o pasado luns, 22 de maio. Saíron a primeira hora en autobús a Carril  onde colleron por grupos unhas lanchas neumáticas que  lles levabaron á Illa de Cortegada. Alí esperaban uns monitores cos que fixeron un roteiro, aprenderon as principais caracterísiticas do ecosistema da zona e participaron en xogos edicativos populares. Pola tarde foron a Sanxenxo e visitaron o acuario.

Preme na imaxe para acceder á galería

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Preme na imaxe para acceder á galería.

No mes de febreiro o alumnado de 4º ESO coa coordinación da profesora Encarna Moledo, plantou sementes de dúas especies autóctonas: castiñeiros e carballos.
Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente , hoxe, alumnos e alumnas de 2º ESO transplantaron esas sementes xa convertidas en pequenas plantas que levaron para as súas casas como recordo deste data.
Posteriormente  e coa axuda da profesora plantaron no xardín do centro dous pequenos castiñeiros.

EXPER-I-CIENCIA CSIC

O alumnado de 4ºESO e de 1ºBACHARELATO de Ciencias participou nunha charla sobre o cultivo do mexillón, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía no marco do programa Exper-i-Ciencia do CSIC.

Ademais os alumnos e alumnas familiarizaronse co traballo que se fai no CSIC e as instalacións de que dispón este organismo en Galicia.

 

 

CHARLA “A VESPA VELUTINA: UNHA AMEAZA PARA O NOSO ECOSISTEMA"

O alumnado de 2ºESO coñeceu a evolución e as consecuencias da expansión da avespa asiática en Galicia  nunha charla  impartida por Nacho Rivero e organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Preguntas sobre a Avespa Velutina e respostas de Nacho durante o Punto Científico realizado o 23 de abril (sábado) diante do Concello de Ponteareas no marco da Semana da Ciencia 2016.

 

Un traballo do Pedra da Auga visita Italia

 

A profesora Rossana Rosapepe agradece a colaboración do noso Instituto cos institutos de Salerno (Italia) da RedPea UNESCO, nunha exposición científica internacional sobre cefalópodos, e envía o cartel co que presentan esta colaboración.

O traballo foi realizado polo alumnado de 4º da ESO de CCNN  baixo a supErvisión da profesora Encarna Moledo.

“Allego la locandina che esporrò il 10 ottobre alla Città della scienza dove si tiene la manifestazione 3 giorni per la scuola.
Non pensavp che in Galizia si facessero tante feste per Octopus.
Ancora grazie”
Rossana

OS NOSOS PARABÉNS!!!

Distribuir contido