Saltar navegación.
Inicio

Entroido 2021

Álbum: 2020_2021 -> Entroido 2021

Concurso de poemas do Día de Rosalía

Dende aquí queremos darlle os parabéns a Soufiane Bouzagaoui por gañar o concurso de poemas do Día de Rosalía, organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Podedes lelo no blog da Biblioteca do centro: http://augateca.blogspot.com/2021/02/premio-un-poema-moi-rosaliano.html

Charla sobre a Calistenia

Soufiane Bouzagaoui, Erik Donaldson Pontes Pompeu e Martín Varela González (alumnos de FPB1) impartiron unha charla sobre a Calistenia ao alumnado de 1º ESO A. A charla foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Educación Física.
Álbum: 2020_2021 -> Charla FP Básica

Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar.

Unha vez finalizado o procedemento de reservas de prazas para continuar estudos no propio centro e de feita a reserva de prazas para o alumnado de 6º do CEIP Nosa señora dos Remedios resultan as seguintes vacantes escolares:

 

Curta do alumnado de 4º da ESO

Aquí deixamos o enlace da curta realizada polo alumnado de 4º da ESO na materia de música. O traballo é excelente. Noraboa a todos e todas!!!

 

 

 

Album ilustrado 4º ESO

O Entroido sempre foi unha época de forte crítica social. É por iso que o alumnado de 4º ESO analizou o momento que estamos vivindo e levou aos nosos días as "Cousas da vida" que facía Castelao. Agardamos que vos guste o seguinte álbum ilustrado!

O alumnado de 4 ESO celebra o día da Candeloria

O día 2 de febreiro celébrase a Candeloria, o día do amor no que casan os paxariños. O alumnado de 4º ESO quixo celebralo realizando videopoemas a partir de obras poéticas da literatura galega do século XX. Lembrade: Pola Candeloria medio inverno vai fóra!

Curta creada polo alumnado de 1º ESO A

Dende o IES Pedra da Auga desexámosvos un feliz Nadal coa curta que creou o alumnado do taller de interpretación de 1º ESO A.

»

Resultado do concurso de Postais do Nadal

Resultado do concurso de Postais do Nadal

Instagram do Equipo de Normalización de Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa conta con Instagram.
Son varias as alumnas de 4º ESO as que xestionarán esta rede social. Na seguinte imaxe, creada polo alumnado de FPB1, deixámosvos a conta. Seguídenos

Distribuir contido