Saltar navegación.
Inicio

XX ENCONTROS DE JOVENS CIENTISTAS EN SANTAREM

XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas en Santarem on PhotoPeach

Dous dos nosos alumnos de 1º de Bacharelato Yeray Míguez Veiga e Paula Mariño Faro, acompañados pola súa profesora Encina de la Fuente Cobela, participaron no XX Encontro de Jovens Cientistas, celebrado en Santarem do 10 ao 13 de xaneiro.

O seu traballo era un estudo estatístico sobre a verdade ou falsedade dun refrán meteorolóxico.

Foi unha gran experiencia, na que ademais de poder compartir traballos con compañeiros de ESCOLAS UNESCO de moitos países, tamén tiveron tempo para o lecer, coñecendo un pouco a fermosa vila de Santarem.

Gracias polo voso traballo.

 

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

Os gañadores do primeiro premio de Entroido elexiron con destino de praia as illas Cies. Así que primeiro foron os de 3ºESO o día 1 de xuño, e o día 12 foron os de 4º. Ambos grupos tiveron moita sorte có tempo e pasaronlo de maravilla como podedes ver nas fotografías.

Preme na imaxe para acceder á galería

 

AS PROPIEDADES DA LUZ-PREMIO

Alumnos de Fisica e Química e de Cultura científica estiveron nas interesantes charlas que estivo impartendo no centro Benito Vázquez Dorrío, profesor de física Aplicada na ETSE de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e Embaxador para España da Rede Europea Científica SCIENTIX. Explicou  as propiedades da luz con exemplos  para entender a técnica de medida con láser (interferometría) da que es especialista.

METAMORFOSIS

Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato asistiron onte á representación  teatral de Metamorfosis, unha adaptación da obra de Franz Kafka, no auditorio de Ponteareas. A función formaba parte das xornadas de teatro organizadas pola FANPO (federación de ANPAS de Ponteareas)

     Preme na imaxe para acceder á galería                  

 

 

INTERCAMBIO NORMANDÍA/PONTEAREAS

Un gupo de alumnos e alumnas de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato, están participando nunha actividade de intercambio con Honfleur (Normandía) para profundizar no coñecemento da lingua e cultura francesas.  Hoxe, 28 de marzo, chegan a Ponteareas os alumnos franceses que estarán en Ponteaareas ata o 4 de abril. Aquí vos deixamos unha mostra fotografica da estancia dos nosos alumnos en Francia del 1 al 7 de marzo.

Preme a imaxe para acceder á galería.

DíA DA ARBORE

O alumnado de 1º ESO participou onte na actividade organizada polo concello de Ponteareas para conmemorar o día da árbore. Acompañados do persoal de Protección Civil na visita guiada ao Regato da Venda, poideron comprobar a contaminación que produce o ser human e o fácil que é evitala, a importancia de preservación dos espazos, e aprezaron "in situ" a necesidade de plantar árbores para suxeitar o terreo.

Ademáis ao rematar a visita, o Concello lles convidou a rosquillas e orellas.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Alumnado de 1º de Bac na Radio Galega

 

Un par de alumnos que cursaron 1º de Bacharelato Cientifico foron entrevistados pola Radio Galega o día 2 de Setembro no programa "A Tarde" das 17:43 ás 18h (a entrevista, dun cuarto de hora, pódese escoitar directamente neste PodCast (a partir do minuto 43:30).

  

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

AVISO AO ALUMNADO

O ALUMNADO DEBERÁ DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CON CARGO ÁS AXUDAS DO CURSO 2014/2015, UNHA VEZ FEITOS OS EXAMES DE SETEMBRO, E COMO MÁXIMO ATA O DÍA 4 DE DITO MES.
A FALTA DE DEVOLUCIÓN DOS  LIBROS DE TEXTO SERÁ CAUSA DE EXCLUSIÓN NA PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO.
OS LIBROS DE TEXTO ENTREGARANSE AO PROFESOR DA MATERIA NA DATA E HORA FIXADA PARA O EXAME. 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

O prazo de inscrición ás probas estará aberto desde o día 28 de febreiro ata o día 11 de marzo.
Se estás interesado/a, pide o formulario de adult webcams solicitude na secretaría do centro.
 

 

Estás en Bacharelato e aínda non tes claro como vai a Selectividade?

 Descobre o que sabes e aclara as túas dúbidas no apartado de Orientación...

 

Distribuir contido