Saltar navegación.
Inicio

Solicitudes de admisión e matrículas para o vindeiro curso escolar

O vindeiro xoves 27 de xuño, ás 11 da mañá está convocado todo o alumnado do Centro na súa aula de referencia para facerlles entrega do derradeiro boletín de notas do curso e a documentación necesaria según cada caso.

Ao alumnado entregaráselle o impreso de matrícula que precisa para o curso que ven ou a documentación para tramitar a titulación naqueles casos en que se remata ciclo medio ou superior.

O prazo para solicitar prazas de primeiros cursos de ciclos medios e superiores abrangue dende o día 24 de xuño ata o día 4 de xullo ás 13 horas.

Estas solicitudes fanse on line na web da FP da Xunta de Galicia.

 

CALENDARIO DE MATRÍCULAS E FORMULARIOS EN PDF:

 

1º da ESO 25 e 26 de xuño

 

2º da ESO 10 e 11 de xullo

 

Convocatoria de preinscrición e matrícula na Universidade de Galicia 2024-2025

Prazo de preinscrición convocatoria ordinaria: ata o 01 de xullo de 2024.

 

Data do primeiro listado de admitidos: 09 de xullo de 2024.

 

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade en Galicia para o curso 2024-2025.

Todo o procedemento de preinscrición e matrícula está publicado na web da CIUG.


PRAZOS DE PREINSCRICIÓN:

PRAZOS XERAIS:

O proceso de acceso constará dunha preinscrición anticipada e das convocatorias de preinscrición ordinaria e extraordinaria, aínda que tamén hai algúns prazos especiais (ver convocatoria para informarse):

Admisión en Formación Profesional para o curso 2024/2025

 

Prazos de solicitude:

 

 

FP de Grao Básico: 

 

 

 

 

HORARIO DE EXAMES PARA ALUMNOS CON PERDA DO DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA. CURSO 2023-24.

04/06/2024 09:50

 

HORARIO DE EXAMES PARA ALUMNOS CON PERDA DO DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA. CURSO 2023-24.

 

 

 

PRIMEIRO DE ELECTROMECÁNICA

 

 

 

- Fol: martes 11 de xuño ás 9:00 h.

 

- Fluídos (prácticos): mércores 12 de xuño ás 9:00 h.

 

- Circuítos electrotécnicos básicos: xoves 13 de xuño ás 9:00 h.

 

- Motores: venres 14 de xuño ás 9:00 h.

 

- Fluídos (conceptos): luns 17 de xuño ás 15:30 h.

 

- Mecanizado: martes 18 de xuño ás 9:00 h.

 

- Transmisión: mércores 19 de xuño ás 9:00 h.

 

 

 

BECA PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2024-2025

Xa se pode solicitar a BECA ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o curso 2024-2025.

Toda a Información está dispoñible no Portal de becas e axudas do MEFP.

O prazo de solicitude abrangue desde o 30 de abril ata o 13 de setembro

 

As Persoas destinatarias das axudas serán aquelas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

 

  • Discapacidade (igual o superior 25%)
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

IV CERTAME FILOSÓFICO INTERCENTROS: Repensar o amor

O pasado día 7 de marzo celebramos no centro IES PEDRA DA AUGA a entrega de premios do IV IV CERTAME FILOSÓFICO INTERCENTROS: Repensar o amor

¡Parabéns ás gañadoras deste ano!

ESO

  • MODALIDADE A: JIMENA PILAR DA FONSECA
  • MODALIDADE B MARÍA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

BACH

  • MODALIDADE A: DANA PINO CEBREIRO
  • MODALIDADE B: LAURA OTERO LÓPEZ

FP

  • MODALIDADE A: SARA IBÁÑEZ CARRERA
  • MODALIDADE B: SARA IBÁÑEZ CARRERA
IV CERTAME FILOSÓFICO INTERCENTROS: Repensar o amor

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2024/2025.

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na Universidade de Vigo, para o curso 2024-2025.

 

Datas presentación de solicitudes

Do 8 de marzo ao 2 de abril

DATAS DAS PROBAS: 

Calendario

Distribuir contido