Saltar navegación.
Inicio

AS PROPIEDADES DA LUZ-PREMIO

Alumnos de Fisica e Química e de Cultura científica estiveron nas interesantes charlas que estivo impartendo no centro Benito Vázquez Dorrío, profesor de física Aplicada na ETSE de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e Embaxador para España da Rede Europea Científica SCIENTIX. Explicou  as propiedades da luz con exemplos  para entender a técnica de medida con láser (interferometría) da que es especialista.

METAMORFOSIS

Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato asistiron onte á representación  teatral de Metamorfosis, unha adaptación da obra de Franz Kafka, no auditorio de Ponteareas. A función formaba parte das xornadas de teatro organizadas pola FANPO (federación de ANPAS de Ponteareas)

     Preme na imaxe para acceder á galería                  

 

 

INTERCAMBIO NORMANDÍA/PONTEAREAS

Un gupo de alumnos e alumnas de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato, están participando nunha actividade de intercambio con Honfleur (Normandía) para profundizar no coñecemento da lingua e cultura francesas.  Hoxe, 28 de marzo, chegan a Ponteareas os alumnos franceses que estarán en Ponteaareas ata o 4 de abril. Aquí vos deixamos unha mostra fotografica da estancia dos nosos alumnos en Francia del 1 al 7 de marzo.

Preme a imaxe para acceder á galería.

DíA DA ARBORE

O alumnado de 1º ESO participou onte na actividade organizada polo concello de Ponteareas para conmemorar o día da árbore. Acompañados do persoal de Protección Civil na visita guiada ao Regato da Venda, poideron comprobar a contaminación que produce o ser human e o fácil que é evitala, a importancia de preservación dos espazos, e aprezaron "in situ" a necesidade de plantar árbores para suxeitar o terreo.

Ademáis ao rematar a visita, o Concello lles convidou a rosquillas e orellas.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Alumnado de 1º de Bac na Radio Galega

 

Un par de alumnos que cursaron 1º de Bacharelato Cientifico foron entrevistados pola Radio Galega o día 2 de Setembro no programa "A Tarde" das 17:43 ás 18h (a entrevista, dun cuarto de hora, pódese escoitar directamente neste PodCast (a partir do minuto 43:30).

  

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

AVISO AO ALUMNADO

O ALUMNADO DEBERÁ DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CON CARGO ÁS AXUDAS DO CURSO 2014/2015, UNHA VEZ FEITOS OS EXAMES DE SETEMBRO, E COMO MÁXIMO ATA O DÍA 4 DE DITO MES.
A FALTA DE DEVOLUCIÓN DOS  LIBROS DE TEXTO SERÁ CAUSA DE EXCLUSIÓN NA PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO.
OS LIBROS DE TEXTO ENTREGARANSE AO PROFESOR DA MATERIA NA DATA E HORA FIXADA PARA O EXAME. 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

O prazo de inscrición ás probas estará aberto desde o día 28 de febreiro ata o día 11 de marzo.
Se estás interesado/a, pide o formulario de adult webcams solicitude na secretaría do centro.
 

 

Estás en Bacharelato e aínda non tes claro como vai a Selectividade?

 Descobre o que sabes e aclara as túas dúbidas no apartado de Orientación...

 

Distribuir contido