Saltar navegación.
Inicio

Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior en Galicia 2024

Publicouse a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 26 de febreiro e o 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 29 de xaneiro e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

PARA MAIS INFORMACIÓN VISITADE ESTE ENLACE