Saltar navegación.
Inicio

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2023-2024

Recordade que podedes solicitar a beca xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023-2024.

O prazo de solicitude remata o 17 de maio.

O alumnado que pode solicitar esta beca é aquel que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • que estea en 4º da ESO e vaia cursar 1º de bacharelato.
  • que estea en 1º de Bacharelato e vaia pasar a 2º de bacharelato.
  • que estea en 2º de Bacharelato e vaia á universidade.
  • que vaia facer un ciclo ou que estea cursando, é dicir, que pase de 1º a 2º.
  • que vaia a facer un ciclo formativo de grao básico ou que estea a facelo é dicir, que pase de 1º a 2º. 

É necesario que pidades a beca nese prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que vos interese, aínda que non saibades o que ides estudar con seguridade o ano que vén. Poñede os estudos máis probables, despois haberá un prazo máis adiante para actualizalos.

Toda a información está dispoñible no portal de becas e axudas do MEFP.