Saltar navegación.
Inicio

Probas de acceso ó grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2023-2024

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2023-2024:

 

REQUISITOS:

Haberá que estar en condicións de acceder a universidade como, persoas con título universitario, con título de formación profesional, persoas que superen a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024.

 

DATAS DAS PROBAS:

- 1ª data: 15 de xuño

- 2ª data: 20 de xuño

As persoas non cualificadas como aptas na primeira data ou que non se presentasen por calquera circunstancia, poderán realizar as probas na segunda data.

 

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:

Do 15 de marzo ao 11 de abril

 

TAXAS DE EXAME:

63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. 

 

LUGAR DE EXAME:

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).

 

DOCUMENTACIÓN: 

Antes da publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do 15 de maio:

  • Certificado médico expedido nun modelo oficial do colexio médico en data recente (máximo dous meses) no que conste literalmente e completo o seguinte texto: "Non existe ningún tipo de contraindicación que impida a realización de probas físicas de máximo esforzo".

O día das probas:

  •  Todas as persoas aspirantes deberán asistir provistas do DNI ou documento equivalente.

 

CONTIDOS DA PROBA

 

ENLACE Á CONVOCATORIA