Saltar navegación.
Inicio

Concurso Eduemprende Idea

Publicada a Orde do 30 de marzo de 2017 (DOG 17 de abril de 2017) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

A: ciclos de grao superior

B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formada por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Pódese ampliar información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea