ROTEIRO CASTELAO. EXPOSICIÓN CASTELAO ARTISTA
Co obxectivo de coñecer as pegadas de Castelao na cidade de Pontevedra, así como a súa biografía e produción artística, o alumnado de 4ºESO acompañado polos profesores Matías da Torre e Xabier Prado, visitou a cidade de Pontevedra.
Os alumnos e alumnas contemplaron no museo provincial a “Exposición Castelao Artista” e percorreron as principais prazas facendo un repaso á relación da cidade co autor.
Preme na imaxe para acceder á galería.