Saltar navegación.
Inicio

ACTO DE PRESENTACIÓN DO ” ANO INTERNACIONAL DO ENTENDEMENTO GLOBAL” EN PONTEAREAS.

O 5 de maio celebramos no auditorio “Reveriano Soutullo” de Ponteareas, o acto que marca o inicio das actividades do IES Pedra da Auga para o 2016 como Ano Internacional do Entendemento Global (IYGU) .

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

 A ONU proclamou o IYGU co obxectivo de que o 2016 sexa un ano para reflexionar desde a perspectiva global e actuar e intervir no plano local.

Como escola membro da rede PEA-UNESCO, o noso centro estivo representado polo profesor Xabier Prado e algúns dos seus alumnos e alumnas que presentaron as actividades que están a preparar dentro do proxecto de Multilingüismo.