O PEDRA DA AUGA NA SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS
Preme na imaxe para acceder á galería.
Neste enlace podes participar nunha enquisa sobre dita actividade.
A primeira edición da “Semana das Ciencias” finalizou coa participación dos centros educativos de Ponteareas nos stands dos futuros investigadores.
Alumnos e alumnas do noso centro acompañados polos profesores: Carmen Sánchez, Rosa Casero e Xabier Prado, organizaron distintos xogos e experimentos de física, química e matemáticas:
- Recanto matemático:
Obradoiros de trangráns, pentaminós, e hexamantes .
Xogos de estratexia.
Resolución de problemas
- Invisible:
Como conseguir que desapareza un vaso
Visión estereoscópica.
- Vela Auga:
Os gases que interveñen no proceso de combustión dunha vela.
- Reprodución do funcionamento do noso estómago.
- Gravidade:
O campo gravitatorio da Relatividade Xeral observado nunha maqueta.
Medición da velocidade dos nosos reflexos.
- Electromagnetismo:
Electricidade persoal (medición cun polímetro): Con quen me levo mellor?
Campo magnético producido por varios imáns (a ver se adiviñas a configuración)
- Compás:
Elaboración dun compás de xeito moi sinxelo (usando un cravo e un fío)
- Volcán:
Reprodución dunha erupción volcánica con materiais sinxelos
- Latas/LL:
Observación da presión atmosférica.
Ludión (maqueta nunha botella que explica o funcionamento dos submarinos a partir dos principios de Pascal e Arquimedes).
Leite sicodélico (a Natureza pode producir fenómenos vistosos e sorprendentes).
- Serpe:
Unha oxidación espectacular!
Preme aquí para acceder a toda a información sobre a Semana das Ciencias.