Saltar navegación.
Inicio

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Preme na imaxe para acceder á galería.

Para conmemorar o “Día escolar da non Violencia e da Paz”e seguindo a liña indicada pola rede PEA UNESCO da que o noso centro forma parte, este curso dedicamos esta data, o 30 de xaneiro, a recordar a figura das “Patronas” e a realidade da inmigración.

No IES Pedra da Auga traballamos esta temática desde dúas perspectivas:

  • Por unha banda, os alumnos e alumnas de 4ºESO, coordinados polas profesoras Loli Pardo e Gloria Iglesias, expoñen nestes días no recibidor do centro, un traballo dedicado a distintos movementos sociais nos que a maternidade configurouse como un eixe de solidariedade e de unión. Son mulleres que actúan conxuntamente para: opoñerse á guerra, á impunidade, para romper barreiras,... O traballo céntrase  en tres movementos: “As Patronas”, “As Nais da Praza de Maio” e “As Nais de Branco”.
  • Desde outro punto de vista, co obxectivo de sensibilizar sobre á catástrofe que vivimos con respecto á inmigración  e fomentar a conciencia dunha cidadanía global, o Departamento de Orientación en colaboración cos titores, propuxo ao alumnado da ESO a realización de distintas actividades que esta semana se expoñen nos corredores do centro nos chamados “Trens da paz” deseñados pola profesora Gloria Iglesias e os seus alumnos e alumnas de plástica.

Preme na imaxe para acceder á galería.