Saltar navegación.
Inicio

BOAS FESTAS

Chegamos ao final do primeiro trimestre, e para celebrar o inicio das festas, alumnos e alumnas de 3ºESO e 4ºESO participaron hoxe nun concerto de panxoliñas da man da profesora Cristina Alonso.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Gloria Iglesias encargouse da decoración do recibidor do centro, e a comunidade educativa do instituto participou na iniciativa solidaria: “Un xoguete por un adorno na árbore de Nadal”. 

Preme na imaxe para acceder á galería.

Con motivo da declaración pola ONU do 2016 como “Ano Internacional para o Entendemento Global”, e elixindo este tema como punto de partida, fixemos un concurso de postais . As dúas alumnas gañadoras foron:

 Irene Fernández Pardo de 3ºESO

Alicia Fernández Fernández de 1ºESO

Preme na imaxe para acceder á galería.

 
Desde a Augateca, recoméndanos unha boa selección de libros para ler durante estas festas.

Preme na imaxe para acceder á galería

 

Vémonos o 7 de xaneiro.

Boas Festas!