Saltar navegación.
Inicio

PROXECTO ATLÁNTICO

Preme na imaxe para acceder á galería.

Como Centro asociado a Rede de Escolas UNESCO, o noso instituto está a participar no "Proxecto Atlántico", o obxectivo deste traballo é fomentar intercambios culturais entre os membros das distintas Escolas participantes.

A primeira actividade deste curso académico, consistiu en realizar propostas para o redeseño  do logo do proxecto que se presentará ao "Concurso do logo Atlántico".

O Departamento de Plástica, trás unha selección previa, enviou a dito concurso  os deseños do alumnado de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBacharelato que arriba se amosan.