Saltar navegación.
Inicio

"FEIRA DA LUZ-IYL2015": PREMIO NO II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O IES Pedra da Auga foi galardoado no “II Concurso de Traballos por Proxectos” convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, polo traballo integrado e coordinado desde a biblioteca escolar: “FEIRA DA LUZ-IYL2015”.

Preme na imaxe para acceder ao proxecto e a un recopilatorio das experiencias realizadas.

 

 

“Feira da Luz” foi un proxecto desenvolvido ao longo do curso 2014-2015, coordinado pola profesora Mª Dolores Pardo e resultado dun traballo de equipo e colaborativo no que se implicaron  moitos departamentos do noso centro.

A idea xurdiu con motivo do nomeamento por parte da ONU do ano 2015 como “Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz”.  Así, desde o equipo da biblioteca escolar decidiuse celebrar unha feira que tivera como fío condutor  investigar e difundir a importancia da luz e as tecnoloxías baseadas na luz para a vida e para o desenvolvemento pasado, presente e futuro da sociedade mundial aos mais variados niveis.

A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio de 2015 foi todo un éxito, toda a comunidade educativa do noso centro foi partícipe deste proxecto,froito  de moitos meses de traballo e de ilusión.

Preme na imaxe para acceder a un vídeo resumen da feira da luz 2015.

 

 

Parabéns a Loli Pardo pola súa implicación e traballo neste proxecto e a todos os membros da comunidade educativa que participaron nel.