Saltar navegación.
Inicio

MAIL ART

Alumnos e alumnas do noso centro coordinados pola profesora Gloria Iglesias, expoñen nestes días na Augateca as súas obras de arte postal que teñen como tema central o desenvolvemento sostible.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O Mail art é unha forma de expresión artística que consiste  no intercambio e comunicación de arte de maneira xenerosa a través dos servizos postais.

As obras expostas participan no concurso Art´Postal pour la cop21 no marco da rede de escolas UNESCO da que forma parte o IES Pedra da Auga como centro asociado .

 Parabéns aos participantes pola orixinalidade e creatividade amosada.