Saltar navegación.
Inicio

Probas libres ESO para maiores de 18 anos (2014)

Requisitos:

-Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á celebración da proba.

-Non ter estado matriculados/as en ningunha ensinanza oficial destinada a obter o título da ESO durante o curso 2013/2014.

Probas:

-Ámbito lingüístico (lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira).

-Ámbito social (ciencias sociais, xeografía e historia).

-Ámbito científico-tecnolóxico (matemáticas, tecnoloxía e ciencias da natureza).

Inscrición ás probas:

– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

Lugar:

Centros con ensinanzas EPA (consultar orde para ver o centro que corresponde)

Máis info:

http://www.edu.xunta.es/web/node/1238