Saltar navegación.
Inicio

Europoems

O IES Pedra da Auga participou no curso 2007/2008 xunto co Liceo D´Alessandro de Palermo (Sicilia, Italia) e a Hisar Schools de Estambul (Turquía) coa colaboración da ES de Sá da Bandeira de Santarém (Portugal) e un centro alemán nun proxecto para construir unha páxina web conxunta sobre poesía europea.

A web ten por título "EuroPoems"     , e desafortunadamente xa non é accesible en Internet a páxina web orixinal (desapareceu do servidor da escola turca que o aloxaba)

O IES Pedra da Auga presentou varios poemas:

-Adeus Ríos, de Rosalía de Castro, en galego

-Andaluces de Jaén, de Miguel Hernández, en castelán

-Ne me quitte pas, de Jacques Brel, en francés

-I Polis, de Konstantinos Kavafis, en grego moderno

Todos eles foron recitados polo alumnado na língua orixinal e facendo xestos internacionais ao mesmo tempo.

Ultimas Noticias: Recibimos un Premio Europeo por este traballo!

O premio foi concedido polo "Zentrum für Europäische Bildung" (Centro de Formación Europeo), nun certame apoiado pola Comisión Europea e convocado con motivo do Ano Europeo do Diálogo Intercultural 2008, ao que concorreron 400 escolas de toda Europa.

Podes ver a noticia en:

Portal educativo da Xunta,  Portal do Plan VALORA

Voz de Galicia, VigoMetropolitano

RTMP (Radio Televisión Municipal de Ponteareas)

TVG (Televisión de Galicia)


 

 

Noraboa a todos e todas!