Skip to Content

Ciencias Naturais

SUPERBACTERIAS: JOSÉ RAMOS VIVAS

"Superbacterias resistentes aos antibióticos. Como chegamos ata aquí?". Este foi o título da charla que un dos microbiólogos de maior prestixio do panorama actual, investigador científico da Universidade de Cantabria e ex-alumno do Otero Pedrayo, JOSÉ RAMOS VIVAS, veu dar hoxe ao alumnado do noso centro. Afortunados e agradecidos nos sentimos por poder contar con actividades desta calidade. Grazas a Mari Carmen Cid Manzano, antiga profesora de Ramos Vivas no Otero, pola súa presentación, e grazas tamén a Beatriz Valiñas, profesora na actualidade, por organizar conferencias tan brillantes como estas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O NOSO HORTO: SEMENTEIRA

Co cambio de lúa, chegou a primeira sementeira aos hortos do IES Otero Pedrayo. Chícharos, allos, perexil, espinacas de inverno... son algúns dos produtos que este ano, esperemos, nazan nos nosos terreíños. O alumnado de 1º da ESO púxolle todo o amor posible!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

BACHARELATO DE EXCELENCIA EN CIENCIAS E TECNOLOXÍA (STEMBACH) 20/21

O BACHARELATO DE EXCELENCIA EN CIENCIAS E TECNOLOXÍA (STEMBACH) botou a andar este curso no Otero Pedrayo. Está baseado no traballo previo en acuarioloxía e integra un conxunto de saberes, procedementos e técnicas de ampla base científica, co obxectivo de manter ou criar especies acuícolas en ambientes controlados e usos estéticos, decorativos ou comerciais.
Grazas ao profesor Juan Luis Neira González pola súa implicación e o seu bo facer desde o minuto cero, así como ao profesor Gonzalo Fernández Cortiñas polo seu traballo desinteresado desde o primeiro día.
E como non, parabéns ao noso alumnado do STEMBACH polo magnífico labor que están a realizar.
 
 
 
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

QUINTEQUEST

QuinteQuest é o primeiro Escape Room en liña, competitivo, de temática científica, entre institutos. Sara Fariña, Jose Blanco e Luis Fernández enfrontáronse a probas de bioloxía, xeoloxía, física, química, matemáticas e tecnoloxía. Parabéns pola vosa participación e grazas á profe Beatriz Valiñas pola inscrición neste tipo de actividades tan innovadoras.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

MUSEO IES OTERO PEDRAYO

 

 

 Conchita López, Maria José Camba, Maita Borrajo e Ramón Romero

 No día de hoxe o  diario A Región publica un artigo sobre a museización no noso IES. 

 Despois dun traballo de máis de 20 anos, o noso museo inaugurouse o venres 12 de xuño de 2009, ás 20 horas, coa presencia de autoridades da Consellería de Educación e autoridades provinciais, grazas á restauración especializada e á preparación dun espazo de exposición adaptado ás necesidades do centro e que conservou durante estes anos o noso patrimonio en perfectas condicións.

Traballo impagable de docentes como Conchita López, María Xosé Camba,  Maita Borrajo, Ramón Romero,  Antonio Villar, Arturo Fernández ou Luis Fernández entre outros moitos.

A súa dedicación e amor polo patrimonio permitiu ter a primeira sección de MUPEGA nun IES histórico e que hoxe poidamos polo a disposición de toda a cidadanía

 

 

MUSEO DO OTERO PEDRAYO

O IES Otero Pedrayo conta cun magnífico museo, pertencente á rede MUPEGA (Museos Pedagóxicos de Galicia), que este ano loce nos corredores e no Paraninfo, museizando deste xeito todo o centro educativo.
 
 
Co obxectivo de poñelo en valor, o alumnado pode gozar dunha completa visita guiada a cargo da profesora Pilar Rodríguez Vázquez, na que coñecen a historia de cada unha das nosas pezas.
 
 
 
Indo un paso cara adiante, a través do "Club de Ciencia" que desenvolvemos no instituto, este curso estamos a traballar na elaboración dunha audio-guía para que calquera visitante que se achegue a coñecer o "Museo do Otero Pedrayo", poida escoitar unha detallada explicación de cada unha das pezas. O obxectivo é que o próximo curso estea dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, facendo deste xetio o proxecto interdisciplinar.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut