Skip to Content

Ciencias Naturais

RECOÑECEMENTO ALUMNADO STEMBACH

 

A Universidade de Vigo recoñeceu este luns o esforzo e dedicación das 101 alumnas e alumnos de 13 institutos de toda Galicia, entre eles o IES OTERO PEDRAYO, que elixiron a Universidade de Vigo para participar no Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022. A entrega de diplomas celebrouse no paraninfo do edificio Ernestina Otero e estivo presidida polo reitor en funcións, Manuel Reigosa.

 

Alí estivo o noso alumnado, acompañado do coordinador do STEMBACH Juan Luis Neira. Parabéns
Deixámosvos a relación de traballos presentados e defendidos polo noso alumnado de STEM, promoción 2020-22.
 
 

 

UNIDADE DE INNOVACIÓN EXPERIMENTAL, SIMULACIÓN CLÍNICA E SEGURIDADE DO PACIENTE DA ÁREA SANITARIA DE OURENSE

 

O alumnado de Bioloxía de 1º BAC visitaba esta semana a Unidade de Innovación e Simulación da área sanitaria de Ourense. Alí tivo a
oportunidade de ver como se traballa con bonecos computerizados que poden simular diversas situacións que se dan en hospitais. Tamén fixeron unha disección e un estudo da anatomía interna
dunha rata. É unha actividade xa consolidada no noso centro e que ten grande aceptación entre o noso alumnado. Grazas ao Centro de Innovación por ofrecérnola un ano máis.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

XURXO MARIÑO

"As miñas linguas e mais eu. Algunhas reflexións sobre a mente e a linguaxe" foi o título da charla que Xurxo Mariño, doutor en Ciencias Biolóxicas especializado en Neurofisioloxía, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, gran divulgador científico, ademais de viaxeiro e fotógrafo afeccionado, lle ofreceu ao noso alumnado de 1º BAC.
Todo un luxo poder contar con personalidades do seu prestixio no noso centro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

1º PREMIO na FASE AUTONÓMICA (Sede Ourense) da OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Marcos Fernández Barandela foi o flamante gañador da fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía. Aquí está co agasallo que el escolleu: disco duro e diverso material escolar. Parabéns, Marcos!.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

HORTO ESCOLAR

Que gusto dá ver medrar os nosos allos, as nosas cebolas, os nosos chícharos..., e que gusto dá ver a nosa rapazada tan ilusionada e feliz co seu horto!
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PANDEMIAS AO LONGO DA HISTORIA

Este foi o título da conferencia que Juan Jesús Gestado Otero, a través do programa A PONTE, da Universidade de Santiago, nos ofreceu a semana pasada no Paraninfo do noso centro. Nos tempos que corren, a charla non puido ser máis acaída.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

FACULTADE DE CIENCIAS DO MAR-PROYECTO STEMBach- Facultade de Ciencias do mar

OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

 

 

O venres pasado, o IES Otero Pedrayo participaba na Fase Autonómica da Olimpíada de Biolexía, na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Desta volta, non puido ser a clasificación para a nacional, pero a experiencia sempre, sempre paga a pena. Orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. CLASIFICADOS PARA A FASE ESTATAL!

 

Hoxe pola mañá, disputábase no Campus de Ourense a fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, na que os tres primeiros postos foron para tres alumnos do IES OTERO PEDRAYO:

1° Marcos Fernández Barandela

2° Mateo Salgado Díaz

3° Mario García Hervella

Ademais deste podium absoluto, o IES OTERO PEDRAYO tamén levou o premio ao mellor grupo.

Parabéns a todos e, sobre todo, a Marcos Fernández Barandela que, ao quedar 1°, viaxará a Almería a disputar a fase estatal. Parabéns, tamén, ao seu profe, José Manuel Puente, polo excelente traballo realizado co seu alumnado.

 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

AS TOXINAS MARIÑAS

Este foi o título da conferencia que o científico Luis Miguel Botana López, da área de farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, lle impartiu ao noso alumnado de 1º BAC Ciencias a través do programa A Ponte da Universidade. Toda unha honra!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut