Skip to Content

Ciencias Naturais

CÉLULAS SABROSAS!

 

De novo, as rapazas e rapaces de 2⁰ de bacharelato volveron sorprendernos con modelos relacionados cos contidos. Desta vez, tocoulle ás células.
Doces e sabrosas células.
Canto traballiño!!!!!
De parte de toda a comunidade educativa, GRAZAS, rapazas e rapaces, por ilustrarnos sobre os modelos celulares e adozarnos estas mañás de xaneiro.
Exquisitos!!!!!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MES DA CIENCIA

Onte rematou novembro, Mes da Ciencia, pero as actividades científicas seguen no IES Otero Pedrayo. A nosa Biblioteca, coa colaboración doutros departamentos (nomeadamente o de Bioloxía, nesta ocasión), aínda ten programados retos científicos (terceiro nivel), exposición de proxectos feitos por alumnas de 1º BAC (gañadoras de importantes premios en cursos pasados), ademais de prolongar a exposición sobre libros de ciencia en galego e castelán ou a exposición Mulleres científicas da Universidade de Vigo: "Quero ser cientíifica".
Despois de todo, quedan reflexións interesantes no aire como: A reivindicación da ciencia en galego non debería ir acompañada da impartición das aulas das materias que se consideran máis científicas tamén en galego?
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 

DÍA DAS AVES

 

Co lema "A saúde das aves é a saúde dos ecosistemas. Se é bo para as aves, é bo para ti", o Otero Pedrayo uniuse hoxe á conmemoración do Día das aves.
O noso alumno de 1º ESO, Guillerme Mioño Pazos, preparou unha estupenda presentación centrada nas aves da nosa contorna e, a continuación, os diferentes grupos de 1º foron saíndo ata o Xardín do Posío para gozar dunha magnífica visita ornitolóxica na que nos explicou diferentes características das aves que viven ao noso carón, fixemos un xogo de búsqueda de niños, démoslle de comer aos paxaros e acabamos colocando unha casa-niño nunha das árbores (casiña feita por el, por certo!).
Grazas a Guille Mioño por unha iniciativa tan bonita, tan traballada e tan necesaria. Orgullosos do noso alumnado.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MULLERES E CIENCIA

O pasado venres, a doutora en Física da Universidade do Porto, Laura Campo, ex- alumna do IES Otero Pedrayo, visitaba o noso centro para falarlle á rapazada de 3º da ESO do papel que a muller ten no mundo científico na actualidade. Foi unha charla amena e moi, moi interesante.
A actividade enmárcase dentro do proxecto de innovación educativa Plan Proxecta "Por 365 día de respecto e igualdade".

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENERXÍA RENOVABLE MARIÑA

O doutor Gael Verao Fernandez, investigador Post-doutoral de Aalborg University, deu unha conferencia sobre Enerxías Mariñas Renovables ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Esta versou, principalmente, sobre a utilización da enerxía das ondas do mar para producir enerxía electrica, como resposta á crecente demanda de enerxía do mundo occidental. Este tipo de enerxía é renovable e con moitas posibilidades de desenvolvemento na nosa comunidade; e pode ser unha alternativa válida para substituir as fontes de enerxía non renovables como o carbón ou o petróleo, ou incluso o gas natural.
Gael Verao#innovation,#OpenScience,#H2020#MSCA#ISLINTON

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

UNIDADE DE SIMULACIÓN CLÍNICA

O alumnado de Bioloxía de 1º BAC visitaba a pasada semana a Unidade Simulación da área sanitaria de Ourense. Alí tivo a oportunidade de ver como se traballa con bonecos computerizados que poden simular diversas situacións que se dan en hospitais. Tamén fixeron unha disección e un estudo da anatomía interna dunha rata.
É unha actividade xa consolidada no noso centro e que ten grande aceptación entre o noso alumnado. Grazas ao Centro de Simulación por ofrecérnola un ano máis.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

QUEN CONTA E NOMEA AS ESPECIES?

 

Baixo este título, Óscar Reverter Gil, doutor en Bioloxía e especialista en Zooloxía mariña, falounos no Otero Pedrayo sobre Biodiversidade; é dicir, sobre a cantidade de especies que habitan nun determinado lugar e momento. Pero, como se chega a coñecer esas especies, que non traen un rótulo que as identifique? Quen as conta e como? Quen lles pon nome? Os taxónomos son os responsables.
Óscar tamén nos falou da necesidade de dominar a lingua para poder dar a coñecer os descubrimentos científicos, da conexión de varias ciencias para avanzar no coñecemento, ou de como a colaboración entre policías, arqueólogos e zoólogos mariños levou a resolver un caso de ánforas roubadas.
Para rematar, o investigador fíxonos reflexionar sobre o mal uso da palabra "gasto" referido á educación ou á investigación. Os cartos adicados a estes conceptos son investimentos no futuro do noso mundo, un mundo que debemos considerar que temos prestado e, polo tanto, na obriga de conservalo.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RECICLOS

O pasado luns, o alumnado de Ciencias de Terra de 2º BAC participou na campaña Reciclos da Xunta de Galicia e Ecoembes, centrada na reciclaxe dos envases que van aos colectores amarelos. Remataron a actividade encantados e encantadas co seu paraugas amarelo de agasallo!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

 

Breogán Janeiro e Carla González foron o alumno e a alumna de bacharelato clasificados para disputar a fase galega da Olimpíada de Bioloxía. Foi o pasado venres, 17 de febreiro, na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
A experiencia, como sempre, foi moi enriquecedora.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VACINAS CONTRA O CANCRO

A semana pasada, o alumnado de 1º BAC D e E, así como o de Bioloxía de 2º BAC, puido asistir a unha interesante charla, "Vacinas contra o cancro", centrada neste tipo de inmunoterapia que fortalece as defensas naturais do corpo contra o cancro e deseñada para usala en persoas que xa teñen algún tipo de tumor.
Charla ben interesante.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut