Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 24-25

PRESENTACIÓN: O LIBRO DAS MARABILLAS

Este venres, no Otero Pedrayo. Todo un luxo!

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

COÑECERSE A UN MESMO. A IMPORTANCIA DE ENFRONTARSE AO TEU OUTRO LADO

O doutor en Filosofía, Abraham Rubín, da UVigo, invitou ao noso alumnado de 1º BAC ao autocoñecemento. Pasada a fase de espello (Lacan), o inconsciente proxéctase sobre outras persoas á procura de modelos e, dese xeito, vaise construíndo a identidade persoal, deixando fóra aqueles caracteres desagradables que non recoñecemos como propios e detestamos nos demais (a sombra tal e como a definiría Jung). O ponente debuxou con claridade este proceso de autoidentificación, a súa relación co mundo virtual e a necesidade de asumir na consciencia a sombra para non caermos presos da impulsividade.
Todo un privilexio para o Otero Pedrayo poder contar contigo, Abraham. Grazas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Hoxe arranca a nosa participación na campaña AQUÍ TAMÉN SE FALA! Máis de 150 centros de secundaria de Galiza saímos ás rúas para visibilizar que SI que na nosa contorna tamén se fala galego e CON MOITO GUSTO.

Bravo polo noso súper equipo de dinamización!
No Otero tamén se fala galego!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Exames materias pendentes - curso 2023-24

Datas de exames de materias pendentes no presente curso:

Convocatoria ESO

Convocatoria ordinaria Bacharelato

BO NADAL

 

CHARLA: INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS

 

 

 

O noso alumnado de 3ºESO da materia de Educación Dixital participou nunha charla ofertada pola Consellería de Educación e desenvolvida por AMTEGA sobre seguridade informática.

Baixo o título de Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais, o relator da charla explicoulles dunha forma moi amena, didáctica e moi próxima á súa realidade dixital, os perigos das redes sociais e as medidas para adoptar para usalas dunha maneira segura. Tamén lles explicou o concepto de pegada dixital  e identidade dixital e as pautas para protexer ambas. Moitas grazas por facelo tan ameno.

Esta charla enmárcase dentro dunha serie de actividades que se van a desenvolver no Centro en ámbito da formación en Seguridade Informática de toda a comunidade educativa e que está recolleito como obxectivo prioritario este curso no Plan Dixital de Centro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25N, NO OTERO QUERÉMONOS SEN VIOLENCIA

Durante esta semana e tamén na vindeira, no Otero Pedrayo contamos con varios actos no marco das xornadas polo 25N, Día contra a violencia cara as mulleres.
Todos os departamentos e tamén os diferentes equipos (Equipo de Dinamización Lingüística, Equipo da Biblioteca, Equipos que desenvolven os plans de innovación pola igualdade, Departamento de Orientación, Departamento de actividades...) puxeron o seu gran de area para contar no centro con unha selección bibliográfica, a creación dun mural contra a violencia a través de viñetas, un acto no paraninfo centrado na música contra a violencia, material diverso para traballar nas titorías, a confección dun panel no que cada unha das mulleres mortas se simboliza nunha bolboreta e esas bolboretas están acompañadas de centos máis que voamos con elas e seguimos na loita, a lectura do manifesto, a colga da pancarta no balcón do edificio histórico, o reparto de pulseiras da Fundación Anar con lema e teléfono contra a violencia... Unha chea de actividades que o luns pecharemos cunha charla- obradoiro sobre trata de mulleres na actualidade.
Con todas elas queremos mostrar o noso máis rotundo NON a calquera tipo de violencia porque, no Otero, querémonos sen violencias.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> 25 N 23-24

GALA + DEPORTE

 

 

Un ano máis, La Región organizou a Gala + Deporte para premiar aos mellores deportistas deste 2023. Celebrouse onte á tardiña, no Auditorio, e o IES Otero Pedrayo estivo moi presente nela, xa que foi premiado coa distinción de "Mellor equipo absoluto" o CLUB DE VOLEIBOL, que adestra no noso pavillón e del forma parte moito do noso alumnado; o CLUB ATILA, "Mellor equipo promesa", que tamén adestra no Pompeo e a el pertence alumnado noso (podemos ver a Artai na foto); na gala tamén participou a alumna de 1º BAC Alba Miranda cunha exhibición de acrobacia e, por suposto, o "Mellor deportista base masculino" foi para o noso alumno de 1º BAC PEDRO CASTAÑO.
Parabéns para todos e todas! Orgullo de alumnado.
 
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ARQUITECTURA TÉCNICA

A pasada semana, o alumnado de 2º BAC de Debuxo Técnico II acercábase ata o Centro Cultural José Ángel Valente para visitar a exposición sobre "A profesión de arquitectura técnica", onde foi recibidos polo presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense (COAT).
Grazas por esa benvida, grazas pola exposición e grazas a Manuel Sánchez, profesor de Debuxo, por acompañar ao noso alumnado.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut