Skip to Content

CAMPIONATO ESCOLAR DE ATLETISMO

O pasado venres, o alumnado de 2º ESO do Otero participaba no Campionato Escolar de Atletismo, no pavillón Paco Paz de Ourense. Foi todo un éxito! Fixérono xenial e pasárono mellor. Grazas, departamento de Educación Física.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Álbum: CURSO 23-24 -> CAMPIONATO ESCOLAR DE ATLETISMO

TERTULIAS LITERARIAS

O pasado martes, os e as participantes no club de lectura para adultos do IES Otero Pedrayo reuniámonos na biblioteca para charlar con Roberto Fernández sobre a súa novela "A inmoral doutora Cons", galardoada co Premio Blanco Amor de novela 2022.

Superstición, poder, muller, Pazos de Arenteiro, lingua, ténicas de escrita, humor, ambigüidade... A interacción autor-lector sempre funciona!
 
Grazas ao autor por acompañarnos e, de novo, grazas ao súper equipo da biblioteca do Otero Pedrayo por organizala.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROSTITUCIÓN E TRATA

Onte pola tarde, tivemos no Paraninfo a última das actividades enmarcadas dentro da programación do 25N, Día contra a violencia cara a muller: unha charla sobre prostitución e trata, centrada na cidade de Ourense.
Grazas ao programa de innovación Educativa Plan Proxecta "Por 365 dÍas de respecto e igualdade" por ofrecernos este tipo de formación.
Grazas ao programa Alumar, de Cáritas, por materializalo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VOAMOS CON NUMEROS

Un ano máis, visitamos a Aula Newton da Tecnólpole de Ourense para repetir esa actividade que tanto lle gusta ao noso alumnado: "Voamos con números".

O estudantado recibe unha misión do "Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e debe colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer prioridades das misións de rescate.
O alumnado planifica os seus propios vos, preparándose realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, para aprender a manexar correctamente a navegación.
Traballa en parella (tripulacións) e debe cumplir a súa misión realizando un vo nun simulador de vo avanzado. Toda unha experiencia! E moito máis.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Álbum: CURSO 23-24 -> VOAMOS CON NÚMEROS

MES DA CIENCIA

Onte rematou novembro, Mes da Ciencia, pero as actividades científicas seguen no IES Otero Pedrayo. A nosa Biblioteca, coa colaboración doutros departamentos (nomeadamente o de Bioloxía, nesta ocasión), aínda ten programados retos científicos (terceiro nivel), exposición de proxectos feitos por alumnas de 1º BAC (gañadoras de importantes premios en cursos pasados), ademais de prolongar a exposición sobre libros de ciencia en galego e castelán ou a exposición Mulleres científicas da Universidade de Vigo: "Quero ser cientíifica".
Despois de todo, quedan reflexións interesantes no aire como: A reivindicación da ciencia en galego non debería ir acompañada da impartición das aulas das materias que se consideran máis científicas tamén en galego?
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 

JUAN TALLÓN

O escritor de Rewind ou Obra Maestra encontrábase hoxe na nosa biblioteca con alumnado de 1º BAC para falar do proceso creativo dun escritor. Unha charla ben interesante na que os nosos rapaces e rapazas participaron facendo todo tipo de preguntas.
Grazas, Juan Tallón, polo ben que queres o noso centro. É unha honra.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA DO CENTRO INTERXERACIONAL

A "mocidade" do Centro Interxeracional a Farixa, que xa son familia do IES Otero Pedrayo, visitou hoxe pola mañá o noso centro. O alumnado máis pequecho tíñalles preparadas unhas pezas musicais no Paraninfo, logo visitaron o noso museo e, por último, acabaron na biblioteca, onde presentamos o libro que estamos a ler este trimestre no club de lectura, no que eles tamén van participar.
Que marabillosos son estes encontros interxeracionais. Canto temos que aprender dos nosos maiores!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CAMPIÓN! PEDRO CASTAÑO

 

O noso alumno PEDRO CASTAÑO, xunto co seu compañeiro Mateo Rodríguez, pasaron con este exercicio, sendo primeiros!, á final do Campionato do Mundo Junior. Case nada! Ademais, en individual da súa idade, quedou 1º español!
A competición tivo lugar a pasada fin de semana en Birmingham e Pedro estivo excelente. Parabéns! Orgullo de alumnado.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA AO NOSO MUSEO

O pasado martes, un grupo de docentes do colexio de Carmelitas, agora en `estado de xúbilo´, visitaba o Otero Pedrayo para coñecer o noso Museo Pedagóxico, pertencente á rede MUPEGA.
Grazas pola visita; sempre é unha honra pór en valor e dar a coñecer o noso patrimonio, o patrimonio de todos e de todas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SAN MARTIÑO 2023

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo estivo presente na Carreira Pedestre Popular do San Martiño, cunha participación de alumnado das máis altas dos institutos da provincia.
Grazas ao Departamento de Educación Física por fomentar sempre unha vida activa, participativa e saudable entre os nosos rapaces e rapazas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut