Skip to Content

DENDE AQUÍ ATÉ ACOLÁ, GALEGO XA!

Hoxe o alumnado de 1°ESO estivo na grande festa da lingua dos escolares para a provincia e cidade de Ourense, O CORRELINGUA.@correlingua Manifesto e música no Auditorio, paseo pola cidade vella, xogos na Praza Maior e concurso de pancartas. Xeira completa!
Parabéns á organización, longa vida ao CORRELINGUA e, como dicía o lema deste ano DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ GALEGO XA!
 
 
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

SILVIA PENAS

 

A autora de "Retratos de vodas, partos e funerais", gañadora do galardón de poesía nos Follas Novas, foi a nosa convidada polo Día da poesía. Canto nos alegramos por este recoñecemento. Mil parabéns, Silvia!

CASTRELO DE MIÑO

O pasado martes, o noso alumnado disfrutaba dunha xornada polideportiva en Castrelo de Miño. Remo, barco dragón, fútbol, baloncesto, padel... ocio saudable na natureza para disfrutar activamente do tempo de lecer, dirixido polo noso magnífico departamento de Educación Física. E de remate, un merecido chapuzón.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

IRIA MISA no OTERO PEDRAYO

 

No marco das I Xornadas "Otero diverso", visitou o noso centro a autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", Iria Misa. O alumnado de 2º ESO leu esta novela con temática de xénero e puido facerlle á autora todo tipo de preguntas. Todo un pracer!
Seguimos facendo do Otero un centro máis inclusivo e respectuoso.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Non podemos estar máis orgullosas do noso alumnado! Parabéns a Clara Marra por estar na final do concurso. O próximo sábado vai ser un día ben especial para ti...
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSIO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Letras Galegas 2024. Benvida ao Otero, Luisa Villalta!

ISO NON SE PREGUNTA

Dentro da programación das I Xornadas pola Diversidade, onte tivemos a honra de escoitar no noso centro ao profesor e activista ÉRIC DOPAZO,
Previamente e sen ningún tipo de censura, o alumnado formulou todas aquelas preguntas, dúbidas, inquedanzas... que tiña a cerca da diversidade. e onte, no Paraninfo, Éric, dun xeito ameno, divertido e moi, moi didáctico, foi contestando cada unha delas.
O noso centro, cada vez máis inclusivo; cada vez máis seguro.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

I XORNADAS POLA DIVERSIDADE

Co obxectivo de facer do noso centro un lugar máis inclusivo e seguro, onte botaban a andar a I Xornadas pola diversidade cunha charla ben interesante do noso compañeiro Enzo Sarmiento. Que necesarias son estas xuntanzas que nos forman e informan, que nos fan reflexionar, que nos fan empatizar con todas aquelas persoas que non son iguais a nós. Cantos somos e que diversxs somos! Viva a diversidade!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS

Onte, os nosos alumnos Anxo Álvarez e Isaac García, de 2º ESO, desprazábanse ao CFR de Ourense para participar na Olimpíada Matemática. Saíron moi contentos, polo que esperan con ganas os resultados das probas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENCONTRO INTERCENTROS BÁDMINTON

Gran éxito de participación coa destacada actuación do noso alumnado, que acadou o 4º posto en 2º ESO e o 1º posto en 1º ESO. Parabéns! Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut