VISITA AO MUNCYT

 

A visita ao MUNCYT trátase dunha primeira aproximación ao método científico, o cal permite un coñecemento da forma de traballar e desenvolver ciencia, de maneira que se poda valorar a importancia dos seus avances por parte do alumnado. Tamén repercute á hora de mellorar a Competencia de Aprender a Aprender (preguntarse por maneiras de resolver unha cuestión concreta). Por último, tamén hai que valorar as relacións sociais entre o alumnado e tamén entre eles e o persoal do museo. 

CHARLA SOBRE SAÍDAS PROFESIONAIS.

 

O día 28 de novembro de 2018, terá lugar no salón de actos do noso IES unha charla informativa sobre saídas profesionais dentro das Forzas Armadas.

Este evento desenvolverase dende as  9,20 (2ª hora) ata as 10,10 h. A continuación haberá un punto informativo para o alumnado en xeral, e para o de bacharelato en particular, onde se responderá ás diferentes preguntas ou inquedanzas que se poidan formular.

 

GRADUACIÓN 2017/2018

 

Parabéns e moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!! 

25/5/2018

 

ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN

 

Achegamos estas reflexións, despois dunha reunión dos profesores/as dos Centros de As Pontes e á vista das instrucións que se están a dar pola Inspección  para o traslado de profesorado e alumnado entre os centros CPI Monte Caxado, CEIP A Magdalena e IES Moncho Valcarce.

·       

Cal será o número de alumnado por aula? A Administración está a obrigar a ter 30 en Secundaria e 25 en Primaria, sen ter en conta as necesidades educativas especiais.

·       

En Primaria, como manter un grupo de 20 nun Centro e 12 no outro? A Administración obriga a que sexan equilibrados.

·       

Será certo que non cambiarán de edificio? Que alumnado terá que moverse? Quen o decidirá? Farase sen contar coas familias?

·       

A desaparición de Equipos Directivos non provocará un caos organizativo?. Unha mesma Dirección para instalacións “separadas 500 metros”? Si a ESO queda no Monte Caxado pero dependendo do IES Moncho Valcarce preocúpanos a situación illada que non consideramos positiva para unha boa educación dos alumno/as.

·       

Cantas familias van a manter aos seus fillos e fillas nunha ESO que desaparece gradualmente? dita situación durará catro anos? non será un “agasallo envelenado” que fará bo o traslado inmediato?

·       

Seguindo co alumnado con necesidades educativas especiais, haberá máis dun coidador/a? ou  a coidadora existente terá que desprazarse dun lugar ao outro?

·       

Como se organizarían os profesores/as se quedamos en Centros separados pero sen Dirección propia en cada centro? De quen é esa responsabilidade? Quen non lembra a experiencia, moi negativa e cargada de problemas organizativos, da “extensión” do alumnado de ESO do IES Moncho Valcarce no CEIP A Magdalena?

·       

A Administración asegura o mantemento de todos os/as profesionais; entón, por que dende Inspección están a  EStudar a supresión  e redución do profesorado?

·       

En canto aos especialistas (profesores de Música, Educación Física, etc) tamén será un “paseando de Centro a Centro”? é posible se os Centros teñen diferentes horarios?

·       

Como desempeñará o seu traballo un só orientador con todo este novo alumnado? e de estar en diferentes instalaciónsseparadas 500 metros”?

·       

Os horarios eran e son moi diferentes nos Centros de Primaria afectados; é posible coordinar un novo horario sen prexudicar ás familias?

·       

As sesións, duración das clases, non coinciden entre os Centros, como axustar os espazos a usar por alumnos/as e profesores? e as actividades complementarias e extraescolares?

·       

As seccións bilingües desaparecerán? A Administración dixo que  mantería os programas que había e que se ampliarían onde non os tiñan (no caso das seccións bilingües, poñeríanas para os dous Centros), entón por que a Inspección fala e de suprimila?. Como fiarnos que van a respectar a continuación dos restantes programas (Plan Mellora Bibliotecas; Programa de Reforzo, Orientación e Apoio; Abalar, etc.)?

·       

Se un dos centros é Plurilingüe , con un total de seis cursos  nos que se imparte unha das materias en lingua inglesa. Respectarían esta condición?

·       

Os proxectos educativos son diferentes e, polo tanto, tamén o son os libros -na ESO  só coinciden 3 libros de texto nos catro cursos-, e hai material específico para o alumnado con necesidades especiais que é propio de ese alumnado; onde se porá? quen e como fará os cambios?

·       

Que pasa co material dos Centros? Que ocorrerá co material do Laboratorio, taller de Tecnoloxía, libros da biblioteca, etc.?

·       

Os libros de texto,  segundo instrucións da Consellería, quedarán os do centro receptor. Como se vai organizar o fondo libros? Como conseguir os mesmos libros para o resto do alumnado se as editoriais lanzan outras edicións?

·       

SERÁ MAIOR A OFERTA E A OPTATIVIDADE AO CONCENTRAR AO ALUMNADO? Os itinerarios posibles (Ciencias e Aplicadas) e as materias optativas sonsempre as mesmas. Seguirán a mandar as eleccións das maiorías, xa que non varían os mínimos de alumnado para impartir materias e, sobre de todo, non aumenta o profesorado, xa que só na Secundaria pretenden suprimir 8 de un total de 15.

  ·        E, para rematar, uns datos das Pontes do Instituto Galego de Estatística, ao respecto do  ano de implantación da actual rede de centros:

ANO

POBOACIÓN

MENORES DE 16 ANOS

1.998

12.473

1.889

2.016

10.399

1.079

Variación

- 2.074 (- 17%)

- 810 (- 43%)

 

Os profesores/as dos Centros solicitamos, fai tempo e por escrito,  información e comunicación por parte da Administración; ninguén resposta, por escrito e con seguridade, a todas estas dúbidas.

 

Achegamos estas reflexións ás familias para telas en conta ante posibles consecuencias negativas para todos/as.

 

 

Información Carta Erasmus

A Comisión Europea concedeu a este centro a Erasmus Charter for Higher Education (ECHE) para todo o período de implantación do novo programa ERASMUS +, 2014-2020. A continuación damos publicidade á Declaración de Política Erasmus que establece os principios desta institución sobre as actividades de mobilidade nas que participe e que se acollan ao programa ERASMUS+; así como as pautas organizativas que seguirán as mesmas.

 

DECLARACIÓN DE POLÍTICA ERASMUS

 

ERASMUS POLICY STATEMENT

 

ACREDITACIÓN ECHE

Distribuir contido