VISITA AO LABORATORIO DE ENDESA (AS PONTES)

 

O alumnado do C.S. de Laboratorio de Análise e Control de Calidade xunto coa profesora do módulo de "Análise Química e Ensaios Fisicoquímicos" (Bibiana Pacios) e a profesora do módulo "Ensaios Físico-químicos" (Nieves Sabín).

Esta actividade complementaria tivo lugar entre as 10:00h e as 13:00h. do 19 de decembro. Asistiu a totalidade do alumnado do Ciclo.

Foi unha actividade moi interesante pois cumprironse os obxectivos de achegar ao alumnado á realidade dun laboratorio industrial de referencia,complementar e actualizar a formación impartida na aula mediante o coñecemento de equipamentos e técnicas de última xeración e desenvolver habilidades e destezas na recollida de información  e na realización de informes.

A actividade consistiu na observación dos equipamentos e procedementos das seccions de análise de auga, aceites e carbóns.(Módulo de Análise Química) e na observación do funcionamento para as medidas da viscosidade e capacidades caloríficas.(Módulo de Ensaios Físico-Químicos)

O persoal de Endesa foi moi amable, permitindo sacar fotografías de todas as seccións e equipamentos e respondendo pormenorizadamente ás preguntas formuladas polo alumnado.

A responsable da visita foi Nuria Díaz Pérez e dende aquí querémoslle das as grazas pola súa atención.

 

FOTOS DA VISITA

 

19 DECEMBRO: I CIRCUÍTO DE NADAL IES MONCHO VALCARCE

 

Trátase dunha actividade lúdico – cultural – formativa na que se pretende despedir o trimestre dun xeito divertido e ao mesmo tempo que poidan aplicar os coñecementos adquiridos.

A idea xurdiu dun grupo de profesoras que se encargaron de organizar e involucrar a toda a Comunidade Educativa.

Participan 19 grupos de 5 compoñentes cada un que deberán realizar como máximo 19 probas durante as dúas horas e media que dura o circuíto.

Tamén participan outros 20 alumnos e alumnas colaborando no desenvolvemento das diferentes probas.

A actividade consiste no seguinte:

1º.-O alumnado parte do pavillón polideportivo cunha tarxeta na que aparece as distintas aulas ás que se teñen que dirixir para realizar as probas.

2º.- Ao chegar ás aulas teñen que facer lectura dunha pregunta en código QR.

3º.- A resposta correcta á pregunta dálles acceso á correspondente proba.

4º.- Realización das probas propostas polos distintos departamentos no menor tempo posible.

 O equipo que logre resolver o maior número de probas terá un agasallo que consiste nun vale de 20€ en material escolar para cada membro do equipo.

O obxectivo final desta atractiva e novidosa actividade é que o alumnado poña en práctica valores imprescindibles  do traballo colectivo e en equipo: colaboración, unidade, tolerancia, respecto, superación, entusiasmo, creatividade, xenerosidade, compromiso, confianza, humildade,.......

 

Presentación de Equipos Participantes

 

 

O EQUIPO GAÑADOR FOI....

 

EQUIPO 13

  

Diego       Noelia     Xoel

 

Daniel     Eugenia

 

NORABOA !!! 

 

 o circuíto en imaxes

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "LUGARES E XENTES"

 

INVITACIÓN PARA VISITAR ESTA EXPOSICIÓN EN HORARIO ESCOLAR

(Mañás de 8:30 a 14:10h.)

 

 

Na planta baixa do noso IES están expostas fotografías antigas de As Pontes. A iniciativa foi do profesor encargado da biblioteca. O título da devandita exposición é "Lugares e Xentes" á que quedan convidadas as familias do alumnado. 

As nosas portas estarán abertas para todos os visitantes e serán benvidos!!!

 

INVITACIÓN DE "QUEREMOS + IGUALDADE

 

 COMO REMATE DA " CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO" : XORNADA QUEREMOS + IGUALDADE .!!!!!

LUGAR: CASA DOPESO

DATA: VENRES, 5 DE DECEMBRO

HORA: 18:30 h.  

PROGRAMA:

  • Estrea do video "Na feira das Pontes fálase de igualdade"
  • Estrea do Video clip musical "Queremos máis igualdade" interpretado polo alumnado de 3º e 4º de ESO
  • Actuación musical do grupo local RANDOM.

LISTAXE DEFINITIVA DOS PLANS PROXECTA

 

O IES MONCHO VALCARCE FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NOS SEGUINTES PLANS PROXECTA:

  • "Por 365 días de respecto e igualdade"     Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade.
  • "Meteoescolas" Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Cooperación galega: "O mundo que queremos" Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
    Administracións Públicas e Xustiza. Dirección Xeral de Relacións Exteriores coa Unión Europea.
  • "Protexe o teu medio" Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Resolución definitiva dos Proxecta

CONTOS TRADICIONAIS DO MUNDO

 

Contacontos inglés-galego

Grazas á inicitiva e á organización dos departamentos de inglés e de galego tivemos a oportunidade de escoitar, no noso centro, contos tradicionais de todo o mundo.  Entre outros narraron: "El hombre busca su muerte", "Muller esquelete", "Tres amantes", "El lagarto", "Manolo", ... Tim contábaos en inglés e Charo facía a tradución simultánea ao galego.  Foi moi entretido e divertido, e... ademais, sen darnos conta fixemos un exercicio de "listening"-escoita.

Nesta actividade participou todo o alumnado de educación secundaria. Á primeira sesión asistiu o primeiro ciclo da ESO e á seguinte o segundo ciclo, en total 148 alumnos/as.

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

 

 

 

O pasado xoves, día 30, celebramos o "Magosto e o Samaín" . Ao longo da semana,  a entrada do instituto foi cambiando de aspecto: o rincón de dinamización da nosa lingua encheuse de adiviñas e poemas relacionados co magosto, unha  exposición de froitos de outono, un mural con láminas explicativas da historia do samaín, unha pequena mostra de cabazas,..., pero isto non foi todo. A sorpresa estaba por chegar pois o xoves tivemos  un pase polo túnel do medo, ubicado no salón de actos. Alí, vivenciamos  o samaín:pasamos por unha zona de sepulturas, esqueletos, un bosque encantado con árbores fosforescentes, a Santa Compaña  e incluso un cadáver.

Para rematar, por deferencia da ANPA, degustación de castañas!!!!

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA

 

O mércores, dia 29 de outubro, tivemos no noso centro a intervención da Garda Civil para explicarnos os perigos do"mal uso" das novas tecnoloxías; facendo un especial no fincapé do teléfono móbil e das redes sociais.

 

A continuación, deixamos o tríptico entregado a todo o alumnado e tamén un enlace que nos leva ao texto do

"Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna"

 

 

ATENCIÓN, RAPAZAS E RAPACES!!!!!

 

Aquí vos deixamos o video ... Dádelle aos miolos para resolver as incógnitas!!!

 

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

Distribuir contido