VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE CICLO COMBINADO DE AS PONTES E Á HIDRÁULICA DO EUME

O día 15 de xaneiro o alumnado de tecnoloxía de 1º de Bac  fixeron unha visita a central térmica de ciclo combinado de As Pontes, onde nos explicaron as partes de que consta e como é o seu funcionamento, xa que ese día estaba en parada técnica.

A continuación dirixímonos a ver o encoro do Eume (que alimenta mediante unha condución subterránea a central hidroeléctrica)  e logo baixamos a coñecer a central hidroeléctrica (situada a 3 km río abaixo), onde nos explicaron detalladamente o funcionamento de cada unha das partes.

 

DONATIVO Á ASOCIACIÓN DE NENOS ONCOLÓXICOS DE GALICIA

O día 21 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO realizou un donativo de 85 euros á Asociación de nenos oncolóxicos de  Galicia. Con este acto poñemos de relevo o compromiso que o alumnado do IES ten con aqueles sectores máis desfavorecidos da sociedade. Neste acto participou ademais a asociación de empresarios SEARA que ven a desenvolver diferentes proxectos cos nenos e nas do centro.

 

EXPOSICIÓN "SALIMOS"

Dende o 13 ao 17 de xaneiro atópase na entrada do noso centro a exposición "Salimos" que versa sobre os riscos que ten o alcol entre a mocidade. O  obxectivo da devandita exposición é realizar visitas guiadas e desenvolver  actividades en titoría: foro de discusión, recordatorio de estratexias, contestación a enquisas, fichas de xogos, elaboración de patróns de consumo.

En xeral, pero sobre todo a población entre 15 e 20 anos, necesita actividades e espazos de concienciación sobre os riscos do alcol. Esta educación para lograr unhos hábitos de consumo saudables constitúe unha auténtica área transversal que debe estar presente no curriculum educativo.

 

POR QUE NON MERCO PRODUTOS ECOLÓXICOS?

O día 13 de Xaneiro as 12:30 celebrouse no salón de actos do IES a charla: Por que non consumo produtos ecolóxicos?

A conferencia de Federico Pomar ofrece unha visión moi interesante e controvertida sobre a produción e consumo dos produtos ecolóxicos. Facendo especial fincapé es aspectos relacionados coa lexislación vixente en Europa, deixa claro que este tipo de agricultura non presenta os beneficios que a maioría dos consumidores lle atribuímos.

 

MEDICIÓNS DE RADÓN NO IES MONCHO VALCARCE

O IES Moncho Valcarce ven de obter os resultados da medición da concentración de radón no aire interior das súas instalacións. Tras seren instalados 31 detectores entre os tres inmobles cos que conta -pavillón, edificio principal e ampliación-, cun período de exposición de entre 90 e 104 días, concluíuse que o valor da concentración de radón en todas as estancias comprobadas do IES Moncho Valcarce sitúase por debaixo do limiar de concentración especificado na Guía IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear, polo que non se considera necesaria a adopción de medidas especiais.

O IES Moncho Valcarce tomou a iniciativa de contratar á empresa CYE Control y Estudios S.L. para a realización do estudo con varios obxectivos: un de protección de todas/os as/os integrantes da nosa comunidade educativa, nomeadamente do alumnado como grupo prioritario; outro legal para cumprir coa Directiva 2013/59/Euroatom, de 5 de decembro de 2013, pola que se establecen normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes (en vigor dende febreiro de 2018); e outro formativo, xa que o alumnado do ciclo formativo de grao superior Laboratorio de Análise e de Control de Calidade foi parte activa en todo o proceso.

O informe entregado pola empresa queda en Dirección, á disposición de todo aquel/a que o queira consultar.

LOCAL CUNHA CONCENTRACIÓN MEDIA ANUAL DE RADÓN INFERIOR AOS

NÍVEIS DE  REFERENCIA PARA CENTROS DE ENSINO E LUGARES DE TRABALLO.

Informe elaborado en xaneiro de 2020 por        


Para máis información consultar:

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/radon-and-health
https://www.sergas.es/Saude-publica/Radon?idioma=ga
https://www.aecc.es/es/todo-sobre-cancer/prevencion/radon
https://www.csn.es/gl/frente-a-radiacion-natural
https://www.codigotecnico.org/index.php/menu-documentos-complementarios/357-proyecto-modificacion-cte-julio-2018.html

 

CHARLA DE EX-PARLAMENTARIAS E EX-PARLAMENTARIOS

O día 10 de xaneiro de 2020 tivo lugar unha charla-coloquio no centro coa colaboración de ex deputados e deputadas do Parlamento de Galicia, a duración desta foi dunha hora e media. 

Tras unha breve presentación dos tres parlamentarios/as, procedeuse a ver un vídeo sobre a institución parlamentaria e as diversas funcións que desempeñan os distintos órganos que conforman o parlamento galego. Cada un dos participantes na charla expuxo como desenvolveu a súa actividade como parlamentarios/as, invitando ao alumnado a participar na vida política. Posteriormente, abriuse unha quenda de preguntas na que o alumnado mostrou gran interese pola actividade política e parlamentaria.

 

BO NADAL !!!

RETORNAMOS ÁS CLASES O MÉRCORES, 8 DE XANEIRO DE 2020 !!! 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA ROMANA

O martes, 17 de decembro, na entrada do noso instituto tivo lugar unha exposición e degustación dun menú da época romana. A devandita actividade foi realizada polo alumnado de 4º ESO que cursan “Cultura clásica”. O menú estaba formado por 2 platos: croquetas recheas de queixo (orixinarias de Sicilia) e omentata (especie de hamburguesa); e 2 sobremesas: torradas con mel e bizcoito romano . O obxectivo desta actividade é reforzar os contidos da vida cotiá no Imperio Romano.

RADIO TEATRO: XULIETAS E ROMEOS

Baixo o título Julietas e Romeos os alumnos de Literatura universal de 1º de Bacharelato realizaron unha breve adaptación escrita da traxedia de Shakespeare e fixeron unha lectura dramatizada a partires do guión elaborado por eles. A gravación levouse a cabo en Radio Eume de As Pontes, que editará o traballo coa intención de emitilo e elaborar un podcast. 

 

 

FEIRA DAS UNIVERSIDADES

O alumnado de 1º e 2º de  bacharelato asistiu o mércores, 18 de decembre, á "Feira das Universidades" celebrada en Palexco (A Coruña)

É moi necesario facilitar información ao alumnado de bacharelato sobre as ensinanzas universitarias para motivar e dar sentido a esta etapa que ten carácter preparatorio para o acceso á formación superior.

Este ano ampliouse a todo o bacharelato,  para que a maior parte do alumnado teña unha visión xeral da ensinanza superior.

 

Distribuir contido