DÍA DA POESÍA

 

Con motivo do día internacional da poesía (21 de marzo), o luns 22 de marzo, o club de lectura propón a seguinte actividade: “DOCE É POESÍA”.

Durante a semana previa a esta actividade, os alumnos recibiron por diversos medios (carteis nas clases, avisos dos profesores que forman parte do equipo da biblioteca, instagram, blog...) información da clave que lles permitiría recoller na biblioteca un agasallo con motivo do día da poesía: un bombón e un poema marcapáxinas. Esta parte da actividade desenvolveuse no primeiro recreo do devandito luns 22 de marzo.

Ademais, os alumnos tiveron a oportunidade de recitar os seus textos e participar así no sorteo dalgúns libros de poesía. Esta parte da actividade tivo lugar no segundo recreo do mesmo día no salón de actos. Os alumnos recolleron os seus agasallos o martes 23 de marzo na biblioteca.

 

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA DA USC. DIRIXIDOS AO ESTUDANTADO DO ENSINO MEDIO.23,24 E 25 DE MARZO

Os días 23, 24 e 25 de marzo os estudantes podedes entrar a través da URL https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desa páxina podedes informarvos, a través de videoconferencias cos responsables e alumnado das titulacións da USC, da oferta de graos para o curso 2021-22.

Ás 12:00h  terá lugar o Acto de Inauguración coa conferencia do catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado, Angel Carracedo que falará dos seus Proxectos e ilusións.

 

Nas páxinas dos centros da USC (Facultades e Escolas) figuran os horarios e os enlaces para que o estudantado poida conectarse por videoconferencia cos responsables das titulacións para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O día 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebra o día da Ilustración. Para celebralo, traballarase  durante as sesións de clase  na creación dunha  ou varias ilustracións por parte de  cada alumno, aplicando nela os contidos específicos de cada nivel. Analizarase tamén a función da ilustración e o seu papel na actualidade.

Todas as ilustración realizadas exhibiranse en conxunto,  ben nas aulas ou ben nun espazo común, segundo a dispoñibilidade deste. Xunto cos traballos incluiranse  códigos QR que proporcionarán información á comunidade educativa sobre diversos ilustradores ou sitios online relacionados coa ilustración.

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

  

O programa de educación emocional pretende promover o benestar emocional do noso alumnado axudándolle a identificar de xeito positivo os  pensamentos e as emocións que determinan o  noso comportamento. Acadar o benestar emocional capacítanos para facer frente ao estrés e aos problemas que forman parte da vida, a ter confianza en nós mesmos  establecendo relacións saudables coas persoas que nos rodean.

A situación social que estamos a vivir fai necesario atender ao coidado e benestar emocional da comunidade educativa para poder afrontar de xeito positivo as dificultades sociosanitarias nas que nos atopamos.

 

QUINCENA DA FROITA

Ao longo do mes de febreiro estase a  realizar a campaña de froita que a Xunta de Galicia desenvolve naqueles centros que así o solicitaron. Con esta campaña pretendese poñer en coñecemento do alumnado a importancia que ten a froita na dieta alimenticia e fomentar hábitos de vida saudables.  

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ (30-1-2021)

 Para celebrar o "Día Internacional da Paz" realizáronse unha serie de actividades na biblioteca do centro. A modo de exemplo mostrámosvos a seguinte.

 A actividade persegue pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entenda que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente e a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.

   Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis a acordes cunha convivencia pacífica.

 

 

CONVOCATORIA "UNI DREAM"-FUNDACIÓN ENDESA

UNIDREAM son becas de preparación para estudar nas Universidades de Estados Unidos, Inglaterra, Irlanda ou Escocia. As devanditas becas son financiadas pola Fundación ENDES, están destinadas a estudantes de 4º ESO e 1º BAC 

Se queredes saber máis premede no seguinte link.

 

Distribuir contido