DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O  8 de marzo celebrouse o “ Día Internacional da Muller”. Con este motivo o IES. Moncho Valcarce levou a cabo diversas actividades (proxeccións de curtametraxes, paneis informativos, obras de teatro) para contribuír coa loita contra a desigualdade na que viven as mulleres na sociedade actual.

 

SAÍDA ÁS ROZAS

 

O día 9 de marzo o alumnado das materias de Tecnoloxía e TICs participou no Openday do CIAR ( Centro de Investigación Aeroportada de Rozas)(Castro de Rey–Lugo) e na grabación do programa 10 de SCIENCIE TRUCK, que podedes ver no seguinte enlace: #sciencietruck10

  

TEATRO NO ALOVI

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alumnado de 3º da ESO asistiu á representación-no Auditorio Alovi- da obra "Chola it Girl" patrocinada por Abrente. O obxectivo a acadar é acabar coa discriminación que sofre a muller na sociedade actual.

 

TEATRO CLÁSICO EN LUGO

O día 3 de marzo o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego visitou o Museo Provincial de Lugo onde puideron tomar contacto coa orixe romana desta cidade. Tras un pequeno paseo pola Muralla asistiu á representación da traxedia grega "Ifixenia en Áulide" 

 

DÍA DE ROSALÍA

O luns, 24 de febreiro, Rosalía de Castro está de aniversario. Nós celebrámolo hoxe cunha actividade moi interesante: a lectura de poemas en diferentes linguas. Os rapaces e rapazas foron os protagonistas. Parabéns!!!

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE ENDESA

O 21 de febreiro o alumnado do Ciclo Superior de laboratorio de Análise e Control de Calidade realizou unha visita aos laboratorios da Central Térmica de Endesa (As Pontes) para ver o funcionamento de equipos e técnicas máis actuais.

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2020

O día 21 de febreiro celebrouse o “Festival de Entroido” organizado polo departamento de música e no que participaron alumnado de tódolos niveis do centro. Consistiu na representación de actuacións de baile e cancións interpretadas polo alumnado e por parte do profesorado. As mellores actuacións foron elixidas polo xurado ( composto por alumnado, profesorado e membros do ANPA) para recibir o 1º, 2º e 3º premio.

Ademais houbo degustación de doces típicos do entroido como orellas e freixós, por deferencia da ANPA e do Concello.

 

CONFERENCIA DE AIZPEA GOENAGA

 

O pasado 21 de febreiro, dentro do programa “Encontros literarios” promovido polo Ministerio de Educación, contaremos coa presenza da escritora, guionista e actriz vasca Aizpea Goenaga Mendiola. A autora terá un encontro co alumnado de 1º de bacharelato de literatura universal (08:30-09:20H) e de lingua castelá e literatura (10:30-12:10h) e pasou pola saliña do club de lectura durante o recreo, para coñecer aos seus membros e a todos aqueles rapaces e rapazas interesados polo cine que teñan interese en coñecer á autora.

 

VISITA A PALEXCO

O día 18 de febreiro, os rapaces e rapazas de 2ºESO visitaron no Palexco (A Coruña) a exposición ”Unha estrada detrás do enchufe” organizada por Red Eléctrica de España. Durante a visita o alumnado coñece como usamos a electricidade e que efectos teñen os nosos hábitos de consumo a través de varios interactivos que o converten no protagonista.

 

OLIMPIADAS DE XEOLOXÍA

O mércores 12 de febreiro os alumnos e alumnas de  1º Bach  de Bioloxía e Xeoloxía xunto aos estudantes de Xeoloxía de 2º Bach fomos de excursión a Viveiro para participar na XI Olimpíada de Xeoloxía. Pola mañá fixemos a parte práctica, que consistía numha xincana na que tiñamos que atopar lugares de interese de Viveiro e neles tiñamos que recoñecer fósiles e minerais, interpretar mapas topográficos e facer cálculos relacionados, etc...

Despois de comer fixemos a proba teórica que consistía nun tipo test de 40 preguntas, e finalmente fomos ao Teatro Pastor Díaz no cal participamos nun espectáculo de maxia mentres corrixían as nosas probas para logo proceder á entrega de premios.

Foi unha experiencia moi gratificante xa que aprendimos moito e pasámolo moi ben.

 

Distribuir contido