XORNADA DE ACOLLIDA ALUMNADO DE PRIMARIA

 

 

 

O mércores, 3 de xuño, recibimos no noso instituto o alumnado de primaria que no mes de setembro empezará no primeiro ciclo de secundaria. Viñeron acompañados dos seus titores e orientadores dos centros.

A encargada de darlles a benvida foi a Xefa de Estudos, a continuación o alumnado de 1º de ESO explicoulles o funcionamento de centro e logo acompañáronos nun perecorrido polas instalacións. Para finalizar compartiron unha merenda saudable e xa nos despedimos deles e delas ata o mes de setembro.

 

 IMAXES DA VISITA

 

 

 

AVISO ALUMNADO DA SELECTIVIDADE

DATAS DAS PROBAS: 10, 11 e 12 de XUÑO

O Concello facilita un autobús para o desprazamento do alumnado dos institutos a Serantes(Ferrol).  

SAÍDA da estación de autobuses ás 8 da mañá.

REGRESO ás 8 da tarde. (Ao finalizar as probas).  

O 10 e o 11 o horario será de mañá e tarde e o 12 só de mañá, regresando ás 15:00h.

Para consultas sobre as probas.....preme aquí PAU

Moita sorte !!!!

 

COLABORACIÓN COA ONG MUNDO COOPERANTE

 

 

 

O pasado xoves, 28 de maio, a Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce fixo entrega do recadado á representante da ONG Mundo Cooperante Galicia. Dúas foron as iniciativas levadas a cabo polo Equipo da Biblioteca, un mercadiño solidario e a venda de  pulseras Masai.

 Moitas grazas  polo bo traballo!!!

 

 

 

 

 

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2014-2015

O venres, 22 de maio, celebraremos a graduación do alumnado de bacharelato.

Será no salón de actos do Centro ás 18:00 h.

 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

 

   "O ENIGMA DO MUSEO"

O xoves, 8 de maio, o alumnado de 1º da ESO visitou o Museo de Belas Artes de A Coruña. Fixérono dun xeito lúdico,  ademais de fomentar o traballo en equipo exploraron as distintas salas do museo, aprenderon un montón de cousas interesantes sobre o mundo da arte e os artistas e sobre a forma de crear e interpretar os cadros e as esculturas.

 

 

       Preme para ver imaxes da visita

 

TEATRO PARA CONMEMORAR AS NOSAS LETRAS

 

  

 

O venres, 8 de maio, o alumnado de 4º de ESO e o de 1º de BAC foi á Casa Dopeso a visionar unha obra de teatro "De leria  Castelao". Este é o primeiro acto que o Equipo de Dinamización propuxo para conmemorar o "Día das Letras".                                                        

 

                                                                                                                                                                                                                                             

3ª SEMANA DA FROITA

 

 

 

 

3ª semana da froita:

 

Dende o 11 ata o 15 de maio, haberá froita de tempada para o alumnado.     

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXIA

 

    

 

    

         ALUMNADO DE 3º PDC E DE 1º ESO

      VISITOU O MUSEO DE PREHISTORIA 

      E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA.

 

 

 

 

               Museo da Prehistoria e a Arqueoloxía de Vilalba

Actividade complementaria de Ciencias Sociais, visita guiada polo Museo da Prehistoria e Arqueoloxía e obradoiro con barro. O director do museo explicou e mostroulle ao alumnado todo o relacionado coa Idade da pedra lascada(Paleolítico), Idade da Pedra Pulida ( Neolítico), Idade do bronce, Idade do ferro e Época Romana.

IMAXES DA VISITA

 

ESTA SEMANA...3 NOVAS

 

 

Dentro do programa de dinamización da Biblioteca, a partires do próximo xoves, 23 de abril ("DIA DO LIBRO"), abrirase o "Mercadiño solidario do libro de vello" en colaboración coa ONG Mundo Cooperante.

Quedades  convidadas e convidados !!!!

 

 

2ª Semana da Froita. Dende este luns, 20 de abril, ata o xoves 24  o alumnado terá á súa disposición froita fresca nos recreos.

 

 

 

 

 

 

Parabéns ao alumnado de 4º de  ESO  e á profesora de plástica polo seu traballo na entrada do instituto. !!!

 

 

Distribuir contido