ALUMNADO DE 1º BAC VISITA A DOMUS.

 


Preme para ver "Disección de ollo e corazón

O xoves 7 de xaneiro do 2016, o alumnado de Bacharelato da materia de Anatomía Aplicada, acudiu ao Museo da Domus da Coruña, para a realización de diseccións de corazón e de ollo de Porco en directo para observar como funcionan estes órganos . Esta actividade está incluída nos talleres para escolares de “Laboratorio aberto”, na que o científico é o alumno. O alumnado puxo as luvas e asomouse á anatomía dos citados órganos.

 

2º CIRCUÍTO DE NADAL

O próximo venres, 18 de decembro, celebraremos no noso instituto o "II Circuíto de Nadal" . Os gañadores do curso pasado tentaron poñérllelo difícil aos deste ano, máis os dezaoito sobres que agocharon non foron suficientes para.. OS 27 EQUIPOS APUNTADOS!!! dende 1º da ESO ata 2º de BAC.

O gran reto será superar o maior número posible de probas, todas elas ideadas polos distintos departamentos do Centro.

Nervos, emoción, competitividade,... NON FALTEDES!!!

 

 

 

Ambientación navideña

 

 

 

POLOS BOS TRATOS

 

                                             

Os actos conmemorativos do "Día Internacional da Non Violencia de Xénero"  estiveron organizados e centralizados na biblioteca do noso centro.

Ao longo da mañá o alumnado expresou os seus sentimentos con mensaxes alusivas á violencia de xénero.

Aproveitáronse os recreos para a proxección de "O peixe feliz" e "Teatro de la injusticia".

      

 

CONCERTO DIDÁCTICO "6ª SINFONÍA DE GUSTAV MAHLER"

 

 

O día 20 de novembro, o alumnado de 3º ESO e o de 4º (optativa de Música)  acudiron ao Auditorio de Santiago de Compostela ao Concerto didáctico a cargo da Real Filharmonía de Galicia que interpretou maxistralmente a "6ª sinfonía" de Gustav Mahler, denominada tamén "tráxica".

A dirección correu a cargo de Paul , que en todo momento estivo pendente do alumnado, explicando os pormenores da obra, incluso invitou a participar a  unha parella que sabía bailar un vals, a facelo coa orquestra.

En fin, unha xornada enriquecedora para todas/os que cremos lles sirva de proveito.

 Conversando con Paul Daniel

 

 

 

EXPOSICIÓN TRABALLOS DE TECNOLOXÍA 2º ESO

 

 

Os alumnos/as de 2ºESO A,  na materia de Tecnoloxía,  fixeron o deseño dunha cabaña na que sobrevivir nunha illa deserta. Posteriormente transformaron o seu proxecto nunha maqueta empregando materiais naturais da zona, como follas de carballo, castiñeiro, paos, corda das alpacas… co fin de imitar os materiais que empregarían na illa tropical na que se atoparan.

Á vista está que eles serían capaces de sobrevivir, e ti?

 

VISITA AO MAC DO ALUMNADO DE 3º ESO

 

 

O alumnado de 3º da ESO realizou unha visita guiada ás exposicións temporais de Juan Genovés e de Wang Guangyi. A continuación participaron no Obradoiro 3D, o alumnado, por grupos, preparan unha coreografía, escea,... que será gravada de forma simultánea con dúas cámaras. Descárganse os videos, móntanse en plantillas e listos para ver os efectos 3D con axuda duns visores construídos para tal fin.

Imaxes da visita á exposición

 

  

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E SAMAÍN

 

O xoves, 29 de outubro, tivemos dúas celebracións: magosto e samaín.

Tamén o hallowen tivo o seu espazo, cun concurso de repostería.

Ademais tivemos varias exposicións: Edgar Allan Poe, Traballos de plástica(O outono e pegadas de animais), Historia do magosto- receitas con castañas.

Dende a biblioteca propuxéronnos un relato e un poema de Allan Poe, ademais a propia biblioteca estaba engalanda para a ocasión(teas de araña, arañas vivas, pantasmas, esqueletes, cirios acesos, .......e....a escuridaaaadeeeee).

Tivo gran aceptación un obradoiro de "maquillaxe de terror". Na clase de debuxo, o alumnado de 1º de bac, buscou maquillaxes terroríficos e preparáronse para levalos á práctica neles mesmos e en modelos voluntarios doutros cursos.

Todas estas actividades estiveron centralizadas na entrada do instituto, mentres na parte traseira estaba una asador de castañas (deferencia da ANPA).

Para poder ver as imaxes das distintas actividades podedes clicar no ourizo.

 

 

 

 

XORNADA FORMATIVA SOBRE S. DOWN

  

 

 

                   O pasado mércores, 14 de outubro, tivemos un xornada formativa sobre o S. Down. 

                   Organizada   polo Departamento de Orientación, impartida pola Asociación TEIMA

                   e dirixida a todo o profesorado do Centro.

 

 

 

 

 

 

 

AVISOS

 

  • CONVOCATORIA FAMILIAS DO ALUMNADO

Con motivo do comezo do novo curso académico 2015-2016 están convocadas as familias do alumnado a unha reunión co profesorado titor o vindeiro luns, 5 de outubro, ás seis da tarde no salón de actos do instituto.

Se premen  nos seguintes enlace poden consultar ou descargar a información.

 

  • CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA E CALZADO

A Fundación GLORR  recollerá o 19 de outubro a roupa e calzado usado que nos acheguen ao instituto. Dispoñemos de bolsas. Só teñen que pedilas en conserxería.

 

 

Distribuir contido