MEDICIÓNS DE RADÓN NO IES MONCHO VALCARCE

O IES Moncho Valcarce ven de obter os resultados da medición da concentración de radón no aire interior das súas instalacións. Tras seren instalados 31 detectores entre os tres inmobles cos que conta -pavillón, edificio principal e ampliación-, cun período de exposición de entre 90 e 104 días, concluíuse que o valor da concentración de radón en todas as estancias comprobadas do IES Moncho Valcarce sitúase por debaixo do limiar de concentración especificado na Guía IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear, polo que non se considera necesaria a adopción de medidas especiais.

O IES Moncho Valcarce tomou a iniciativa de contratar á empresa CYE Control y Estudios S.L. para a realización do estudo con varios obxectivos: un de protección de todas/os as/os integrantes da nosa comunidade educativa, nomeadamente do alumnado como grupo prioritario; outro legal para cumprir coa Directiva 2013/59/Euroatom, de 5 de decembro de 2013, pola que se establecen normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes (en vigor dende febreiro de 2018); e outro formativo, xa que o alumnado do ciclo formativo de grao superior Laboratorio de Análise e de Control de Calidade foi parte activa en todo o proceso.

O informe entregado pola empresa queda en Dirección, á disposición de todo aquel/a que o queira consultar.

LOCAL CUNHA CONCENTRACIÓN MEDIA ANUAL DE RADÓN INFERIOR AOS

NÍVEIS DE  REFERENCIA PARA CENTROS DE ENSINO E LUGARES DE TRABALLO.

Informe elaborado en xaneiro de 2020 por        


Para máis información consultar:

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/radon-and-health
https://www.sergas.es/Saude-publica/Radon?idioma=ga
https://www.aecc.es/es/todo-sobre-cancer/prevencion/radon
https://www.csn.es/gl/frente-a-radiacion-natural
https://www.codigotecnico.org/index.php/menu-documentos-complementarios/357-proyecto-modificacion-cte-julio-2018.html