PREMIOS "EU MERCO NAS PONTES"

 

O venres, 10 de maio, tivo lugar no "Auditorio Alovi" a entrega de premios do I Certame "Eu merco nas Pontes". Na devandita gala o alumnado do IES Moncho Valcarce obtivo catro premios, tres na categoría de vídeos e un na de redacción. Dende a Comunidade educativa queremos enviarlles os nosos parabéns!!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

A partir do día 7 de maio de 2019 e ata o día 24 do mesmo mes, na entrada do noso centro, contaremos cunha exposición de carteis  onde se dá a coñecer a vida e a obra de Antonio Fraguas, autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas.

VISITA AO AMSLAB (LUGO)

 

O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade realizou unha visita ao AMSLAB (Lugo) o día 8 de maio. A maioría dos/as alumnos/as estanse achegando por primeira vez ás técnicas analíticas e aos instrumentos utilizados nestes procedementos.

Polo tanto é interesante que comecen a familiarizarse coa forma de traballo nun laboratorio, que é o seu futuro entorno laboral, e que coñezan as pautas de actuación á hora de levar a cabo unha determinación analítica, non só na propia tarefa de análise; tamén no eido das actuacións e materia de seguridade no laboratorio, almacenamento e tratamento de datos e presentación de resultados.

VISITA CULTURAL CELANOVA

 

O día, 8 de maio, o alumnado de 2º e 3º ESO realizaron unha saída cultural á localidade Ourensá de Celanova e Vilanova dos Infantes. Chegaron a Celanova ás 11.30 horas, onde  esperaba na Praza Maior a representante da Oficina de Turismo do Concello, que os dirixiu e explicou o contido desta visita cultural. Iniciaron o percorrido polas dependencias do Mosteiro de S. Salvador, fundado no ano 936 (S.X) por San Rosendo, composto dunha igrexa e dos claustros, que durante o século XIX foron expropiados, debido á desamortización e hoxe son ocupados polo Concello e o Instituto da localidade.

Casa dos Poetas.- Casa de Curros Enríquez(Celanova 1851- La Habana 1908): Curros Enríquez foi un poeta galego representante do período histórico-literario REXURDIMENTO, caracterizándose a súa obra por un fondo contido social. O percorrido levouse a cabo polas dependencias da casa natal de Curros, ubicada na parte superior da vila.

Vilanova dos Infantes: Localidade pertencente ao Concello de     Celanova. Constituiu un importante burgo medieval (fortaleza construida polos nobles feudais para vixiar os seus territorios onde se asentaban comerciantes, artesáns…).As casas da localidade están agrupadas arredor da “Torre da Homenaxe”, o único que se conserva do antigo Castelo de Vilanova. Esta fortaleza foi destruida pola revolta Irmandiña no século XIV e, posteriormente, reconstruida.

 

FRANCOFONÍA

 

O luns, 6 de maio, o alumnado de Francés de 3ºESO, 4º ESO, 1º BAC E 1ºESO 1ª LINGUA partiron un ano máis á aventura da nosa habitual Francofonía. Aproveitamos o luns para facer un paseo en catamarán pola preciosa ría de Arousa, e logo durmimos nun pavillón xunto co alumnado de francés doutros catro institutos de Galicia. O martes tivo lugar o Festival da Francofonía, onde o alumnado de dezasete institutos de toda Galicia interpreta cancións en francés co obxectivo de fomentar a importancia desta lingua estranxeira. Os alumnos quedaron encantados con esta actividade na que coñeceron a marabillosa vila de Valle Inclán, socializaron con gran diversidade de alumnos e perderon a vergoña ó cantar diante de 1600 alumnos.  O festival foi retransmitido en directo nun canal de “Youtube” que podedes visitar no enderezo https://www.youtube.com/watch?v=cdr_FwsPSos

VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DO EUME

 

 

O luns, 6 de maio, visitamos o embalse onde nos explicaron como era o proceso de captación de augas. A continuación desprazámonos ata as instalacións da Central Hidroeléctrica onde nos explicaron todo o proceso de obtención da enerxía eléctrica.

PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA

 

Nos recreos das vindeiras dúas semanas teremos froita nos recreos.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE CICLOS FORMATIVOS

 

O martes, 30 de abril, o alumnado de 2º de bacharelato asistiu a unha charla de orientación sobre os ciclos de grao medio e superior impartida por un equipo de 5 profesores/as do IES Castro da Uz.

Explicouse detalladamente diferentes ramas profesionais: administración e finanzas, mantemento electrónico, informática, automoción, laboratorio,...., e contestaron ás preguntas do alumnado.

Como novidade falouse da formación profesional dual xa que vai haber posibilidade de cursala no Castro da Uz.

RECORDARVOS QUE NO BLOQUE DE "ORIENTACIÓN EDUCATIVA" DESTA WEB TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN O PROGRAMA "ORIENTA"

 

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

O xoves 25 de abril, 47 alumnos e alumnas de 3º da ESO participaron nunha saída á cidade de Santiago de Compostela para o visionado do filme “Loving Vincent”, nos cines Numax. Trátase dunha longametraxe de animación no que cada fotograma é un cuadro pintado ao óleo co estilo do propio artista.

Pola tarde o alumnado disfrutou dun percorrido guiado pola Cidade da Cultura, achegándose ao proxecto construtivo do arquitecto Peter Eisenman, ademáis de visitar a exposición “Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia”.

Dende o departamento de Debuxo pensamos que é necesario crear no noso alumnado o hábito de visita a exposicións e Museos así como tamén achegarlles o cinema como unha linguaxe máis para comunicar ou expresarse.

VIAXE CULTURAL A MADRID

 

O alumnado de 4º da ESO do IES Moncho Valcarce de As Pontes viaxou entre os días 23 ao 27 de abril ás cidades de Segovia e Madrid onde realizaron diversas visitas e actividades lúdicas e culturais. En Segovia achegáronse ao "Palacio Real de La Granja" e percorreron o centro histórico da cidade. En Madrid visitaron o Museo do Prado, realizaron un percorrido polo “Madrid de los Austrias” e pasaron un día de lecer no parque de atraccións da Warner.

Distribuir contido