FRANCOFONÍA

 

O luns, 6 de maio, o alumnado de Francés de 3ºESO, 4º ESO, 1º BAC E 1ºESO 1ª LINGUA partiron un ano máis á aventura da nosa habitual Francofonía. Aproveitamos o luns para facer un paseo en catamarán pola preciosa ría de Arousa, e logo durmimos nun pavillón xunto co alumnado de francés doutros catro institutos de Galicia. O martes tivo lugar o Festival da Francofonía, onde o alumnado de dezasete institutos de toda Galicia interpreta cancións en francés co obxectivo de fomentar a importancia desta lingua estranxeira. Os alumnos quedaron encantados con esta actividade na que coñeceron a marabillosa vila de Valle Inclán, socializaron con gran diversidade de alumnos e perderon a vergoña ó cantar diante de 1600 alumnos.  O festival foi retransmitido en directo nun canal de “Youtube” que podedes visitar no enderezo https://www.youtube.com/watch?v=cdr_FwsPSos