VISITA AO AMSLAB (LUGO)

 

O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade realizou unha visita ao AMSLAB (Lugo) o día 8 de maio. A maioría dos/as alumnos/as estanse achegando por primeira vez ás técnicas analíticas e aos instrumentos utilizados nestes procedementos.

Polo tanto é interesante que comecen a familiarizarse coa forma de traballo nun laboratorio, que é o seu futuro entorno laboral, e que coñezan as pautas de actuación á hora de levar a cabo unha determinación analítica, non só na propia tarefa de análise; tamén no eido das actuacións e materia de seguridade no laboratorio, almacenamento e tratamento de datos e presentación de resultados.